Título node Learning object
Ficha técnica 2025/26

1. Institución:
- Ministerio do Interior / Dirección Xeral de Tráfico / Subdirección Xeral de Formación e Educación Viaria.
2. Ámbito: sostibilidade e consumo responsable.
3. Presentación do programa: O obxectivo do programa é promover modos de mobilidade sostibles e seguros para toda a sociedade, especialmente adaptados ao contexto viario no que vive o alumnado. Quérese reintroducir a educación viaria na escola non como aprendizaxe de normas e sinais para futuros condutores, senón cunha finalidade transformadora que cuestione os modos de mobilidade imperantes e que favoreza a participación do alumnado na elaboración de propostas de mellora que garantan a súa seguridade nos seus desprazamentos e, sobre todo, que promovan modos de mobilidade máis saudables para toda a comunidade. Neste sentido, enténdese a educación en valores desde a responsabilidade para a seguridade de todos e o respecto cara a todas as demais persoas que ocupan o espazo público co fin de que todos, sen exclusións, poidan gozar del sen risco, co fin de previr os sinistros viarios.
4. Alumnado ao que vai dirixido: alumnado de Educación infantil, Educación primaria, Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Ciclos formativos, Ensinanzas de persoas adultas e Educación especial.
5. Participación:
- Límite de centros participantes: Sen límite
- Límite de docentes participantes por centro: Sen límite
- Límite de alumnado participante por centro: Sen límite
6. Criterios de selección: Solicitudes en regra
7. Persoa responsable:
Nome: Federico Ceniza Gómez
Departamento: Coordinador de Educación Viaria da XPT de A Coruña
Teléfono: 981 288 377 - Extensión 471528 / 471529
Correo electrónico: educacionvial.jptc@dgt.es
8. Obxectivos do programa:
- Mellorar as condutas e comportamentos viarios nos desprazamentos do alumnado aos centros escolares.
- Adquirir hábitos viarios seguros como peóns, ciclistas e pasaxeiros en distintos medios de transporte.
- Implicar aos distintos axentes sociais (familias, concellos, policía local, asociacións...) na promoción do cambio de movilidade no medio no que vive o alumnado.
9. Palabras clave: Mobilidade, Seguridade Viaria, Peón, Pasaxeiro, Ciclista, Medio ambiente, Convivencia.
10. Metodoloxía e temporalización: Curso completo
11. Actividades e recursos ofertados:
- Recursos materiais: O programa pon a dispor do alumnado e do profesorado material didáctico diverso a través da web de referencia da DXT.
- Obradoiros: Impartidos polos Coordinadores de Educación Viaria.
- Saídas: Non se contempla.
- Webs de referencia: https://www.dgt.es/conoce-la-dgt/que-hacemos/educacion-vial/
- Concursos / Premios: non se contempla.
- Formación: non se contempla.
12. Orzamento: non se contempla.
13. Produto final aberto: presentación, exposición, recompilación de actividades realizadas durante o curso publicadas no blog do centro, etc....
14. Criterios de avaliación:
- Criterios xerais do Plan Proxecta+
- Creación dunha rede de traballo cooperativa na comunidade educativa entre alumnado, profesorado, familias e / ou institucións da contorna. Valorarase especialmente a participación activa do alumnado no desenvolvemento do proxecto (toma de decisións, realización do produto final, etc.).
- Interdisciplinariedade (achegas dende distintos departamentos didácticos, disciplinas ou materias) e transferibilidade do proxecto.
- Impacto e difusión do proxecto: é imprescindible incorporar na memoria, a través de ligazóns (páxinas web, blogues, etc.) evidencias gráficas e / ou documentais do traballo realizado que permitan constatar o desenvolvemento do proxecto.
- Criterios propios do programa:
- O proxecto realiza un diagnóstico das necesidades do contorno educativo para facilitar a mobilidade do alumnado.
- O proxecto analiza os problemas e as dificultades para a mobilidade do alumnado no ámbito no que se move.
- O proxecto realiza unha proposta de mellora para a mobilidade do alumnado atendendo á seguridade e á sostenibilidade.