Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > Mobilidade sostible e segura

Mobilidade sostible e segura [1]

Enviado por planproxecta a Ven, 07/08/2015 - 09:59

Ficha técnica

Proxecta [2]

Institución:

  • Ministerio do Interior
    • Dirección Xeral de Tráfico

Ámbito: mobilidade

Definición: programa para a promoción da mobilidade segura e sostible entre o alumnado e a comunidade educativa.O programa consiste en desenvolver un proxecto relacionado cos cambios nos hábitos de desprazamentos cara a modelos máis seguros, activos e sostibles. Proponse a incorporación de accións, actividades, talleres... que de maneira práctica, contribúan á creación destes novos hábitos, e á creación de valores seguros como peóns, ciclistas ou usuarios dos diferentes medios de transporte.

Vinculación cos ODS da Axenda 2030:

O marco estratéxico mundial, definido pola Axenda 2030 e a Nova Axenda Urbana, constitúe a guía para definir o cambio de paradigma das cidades, incorporando unha correlación entre a boa urbanización e o desenrolo, apostando por comunidades sostibles (ODS 11), e promocionando unha viaxe segura e saudable á escola para todos os nenos e nenas (Obxectivo 11.3).

  • ODS 11. Cidades e comunidades sustentables
  • ODS 4. Educación de calidade

Temporización: curso completo
Alumnado ao que vai dirixido: infantil, primaria, ESO, bacharelato e centros de educación especial
Límite de centros participantes: sen límite

Criterios de selección: 

  • Calidade do proxecto presentado

Persoas responsables:

A CORUÑA
Nomes
: Federico Ceniza Gómez
Departamento: Xefatura Provincial de Tráfico da Coruña
Teléfono: 981 288 377 ext. 471529
Correo electrónico: educacionvial.jptc@dgt.es [3]

LUGO
Nome
: Laura García Crespo
Departamento: Xefatura Provincial de Tráfico de Lugo
Teléfono: 982 148 803
Correo electrónico: laura.gcrespo@dgt.es [4]

OURENSE
Nome
: Andrea Conde Guerra
Departamento: Xefatura Provincial de Tráfico de Ourense
Teléfono: 988 032 291
Correo electrónico: educacionvial.jptou@dgt.es [5]

PONTEVEDRA
Nome
: Susana Freire Salgado
Departamento: Xefatura Provincial de Tráfico de Pontevedra
Teléfono: 986 853 646 ext. 473616 / 986 853 646 ext. 473602
Correo electrónico: educacionvial.jptpo@dgt.es [6] / jptpo@dgt.es [7]

Xustificación

O contorno dos centros escolares é o ámbito de maior perigo viario para o alumnado. Nos desprazamentos dos menores aos centros de ensino é onde ocorren a maior parte dos accidentes de tráfico que sofren os pequenos. O alumnado constitúe, por razón de idade, un destes colectivos vulnerables sobre o que compre exercer medidas de protección especiais que favorezcan o seu desenvolvemento en espazos que se construíron sen pensar neles.

Obxectivos

O obxectivo do programa é promover modos de mobilidade sostibles e seguros para toda a sociedade, adaptados ao contexto viario en que vive o alumnado.

Quérese introducir a educación viaria na escola non como a aprendizaxe de normas e sinais para futuros condutores, senón cunha finalidade transformadora que cuestione os modos de mobilidade imperantes e que favoreza a participación do alumnado na elaboración de propostas de mellora que garantan a súa seguridade nos seus desprazamentos e, sobre todo, que promovan modos de mobilidade máis saudables para toda a comunidade.

 

Desenvolvemento das competencias clave

 

  • Competencias sociais e cívicas
  • competencia en comunicación lingüística
  • competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía
  • competencia dixital
  • competencia en aprender a aprender
  • competencias sociais e cívicas
  • competencia en sentido de iniciativa e espírito emprendedor
  • competencia en conciencia e expresións culturais

Actividades

Os centros educativos deseñarán o seu propio proxecto coas necesidades de mellora do centro en materia de educación viaria e cunha proposta de participación social; incluirán así mesmo as actividades que se desenvolverán (elaboración de vídeos de educación viaria, murais,...)

Nota: a realización de todas as actividades propostas estará supeditada á situación sanitaria e ao establecido polo protocolo no ámbito educativo para este tipo de actividades.

  • Actividades obrigatorias (no caso de programas pechados) e prazos de entrega:
  • Propostas de actividades (no caso de programas abertos):
    • Elaboración de vídeos de educación viaria
    • Murais relacionados coa educación viaria
    • Proxecto educativo coas necesidades de mellora do centro en materia de educación viaria e cunha proposta de participación social
  • Apoio ao profesorado: telefónico ou presencial para favorecer a sensibilización e información inicial ao profesorado cando se precise, para inicio de traballo na aula.
  • Obradoiros: posibilidade de facer obradoiros nas aulas ou no exterior
  • Saídas: ofrecerase a posibilidade de recibir acompañamento técnico da policía local ou doutros colectivos para o recoñecemento e a análise do contorno escolar.

 

Recursos

  • Materiais didácticos: O programa pon a dispor do alumnado e do profesorado material didáctico diverso a través da web de referencia e tamén en formato papel
  • Webs de referencia:
    • DGT: https://www.dgt.es/conoce-la-dgt/que-hacemos/educacion-vial [8]
    • Red de Ciudades que Caminan: https://ciudadesquecaminan.org/ [9]
    • Ceneam: https://www.miteco.gob.es/es/ceneam/ [10]
    • La cittá dei bambini: https://www.lacittadeibambini.org/es/ [11]
    • Teachers for Future: https://teachersforfuturespain.org/ [12]
  • Outros: Colaboración por parte dos coordinadores de educación viaria das xefaturas provinciais de tráfico, Policias Locais e Garda Civil para a realización de actividades.

 

Produto final

 

Produto final aberto: presentación, exposición, recompilación de actividades realizadas durante o curso publicadas no blog do centro, etc.

Criterios de avaliación da memoria final

Criterios xerais do Plan Proxecta

1 .Creación dunha rede de traballo cooperativa na comunidade educativa entre alumnado, profesorado, familias e/ou institucións da contorna. Valorarase especialmente a participación activa do alumnado no desenvolvemento do proxecto (toma de decisións, realización do produto final etc.).

2. Interdisciplinariedade (achegas desde distintos departamentos didácticos, disciplinas ou materias) e transferibilidade do proxecto.

3. Impacto e difusión do proxecto. É imprescindible incorporar na memoria, a través de ligazóns (páxinas web, blogs etc), evidencias gráficas e/ou documentais do traballo realizado que permitan constatar o desenvolvemento do proxecto

Criterios específicos

4. Diagnose das necesidades do contorno educativo para facilitar a mobilidade do alumnado.

5. Analise dos problemas e das dificultades para a mobilidade do alumnado no ámbito en que se move.

6. Calidade da proposta de mellora para a moblidade do alumnado atendendo á seguridade e á sostibilidade.

 

Selección de boas prácticas

  • CEIP Carmen García Carrasco. Título: Mobilidade Sostida e Segura [13]
  • CEIP San Ramón de Moeche. Título: O CEIP San Ramón aposta pola mobilidade sostible e segura [14]
Gallego

Tema: 

Plan Proxecta [15]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/16723

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/16723
[2] http://www.edu.xunta.gal/portal/planproxecta
[3] mailto:educacionvial.jptc@dgt.es
[4] mailto:laura.gcrespo@dgt.es
[5] mailto:educacionvial.jptou@dgt.es
[6] mailto:educacionvial.jptpo@dgt.es
[7] mailto:jptpo@dgt.es
[8] https://www.dgt.es/conoce-la-dgt/que-hacemos/educacion-vial/
[9] https://ciudadesquecaminan.org/
[10] https://www.miteco.gob.es/es/ceneam/
[11] https://www.lacittadeibambini.org/es/
[12] https://teachersforfuturespain.org/
[13] https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcarmengarcia/?q=taxonomy/term/68
[14] http://ceipsanramonmoeche.blogspot.com/search/label/EDVIARIA
[15] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/705