Extraescolares e Complementarias

TODOS UNHA PRENDA: Mercado de roupa de segunda man

Enviado por admin o Mér, 18/05/2022 - 08:40

Estamos a promocionar no instituto un mercado de roupa de segunda man, para o que precisamos da colaboración de toda a comunidade educativa.

Todos/as aqueles/as que queiran participar nesta iniciativa, deberán aportar unha prenda como mínimo para o mercado. As prendas entregadas terán unha triple canle de utilización:

  • O troco (unha prenda por outra, mediante o uso de vales, tal e como está concibida a idea).
  • A reutilización solidaria (envío a Servizos Sociais do Concello)
  • Reciclaxe (se non pode ir por unha das vías anteriores)

Os departamentos comprometidos cunha tarefa didáctica ligada a esta iniciativa, continuarán co seu desenvolvemento, como mínimo, coas prendas que, neste momento hai (enquisa, frase emocional para etiqueta, etiquetas coa trazabilidade da prenda...)

Cremos que a visibilización da nosa postura respecto da sostibilidade pode ter un efecto beneficioso.

A data límite para entrega de prendas é o 25 de maio.

Graciñas pola vosa colaboración!

 

 

PROXECTA: PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO (PDC) "VIAXE A NEVE" JACA 2020

Enviado por noefp o Sáb, 09/05/2020 - 08:54
Este curso académico o alumnado de 1ºESO, 2º ESO e 1ºBAC acompañados das súas profesoras Nuria Pena e Noemí Fernández, disfrutaron dunha magnífica semana blanca na estación de esquí de Astún do 12 ao 17 de xaneiro, aloxándose todo o grupo no Gran Hotel de JACA.
De seguido podedes ver un resumo  de como foi a viaxe.
 
DOMINGO
Foi estupendo! Tivemos un gran comenzo e chegamos a Jaca sobre as 18:30, descargamos maletas e fomos alugar o material, para estar listos e dalo todo ao día seguínte nas pistas.
Despois de alugar, fomos de volta ao hotel, para deixar o material de Esquí/Snow.
Completamos nosa tarde cunha volta por Jaca para coñecelo de primera mao.
Tras a merecida cea no Hotel, tivemos a reunión onde explicouse o funcionamento da semana e disfrutamos de varios xogos organizados polos monitores de Proyecta Sport.
LUNS
Tivemos un día espectacular de neve, cargado de aprendizaxe e diversión. O día foi soleado e cunha temperatura moi agradable polo que puidemos disfrutar ao máximo da estación ata última hora da tarde. Os debutantes xa fan os seus primeiros deslizamentos e os niveis máis altos xa disfrutan das cotas máis altas tras a proba de nivel de primeira hora da mañá.
Tras esta intensa xornada de esquí e snow pasamos polo hotel para poder ducharnos e rápidamente poner rumbo á bolera.
Tras a merecida cea fixemos unha entretida velada onde todos puidemos demostrar as nosas destrezas en diferentes xogos.
MARTES
Hoxe tivemos un magnífico día de sol e boas temperaturas, disfrutamos dun completo día de neve!
Os debutantes continúan os seus avances e incluso algúns xa se atreven a baixar pistas azuis! Os niveis máis altos aumentan cada día máis a súa técnica e disfrutan das pistas de maior dificultade.
Esta tarde tras a ducha, fixemos unha gymkhana de selfies para despois disfrutar da cea.
Despois de cear coma sempre, fixemos unha velada nocturna para despedir o día.
MÉRCORES 
Hoxe o día amaneceu anubrado, pero non hai nada que nos pare! Seguimos evolucionando en todos os niveis e non paramos nin un minuto. A temperatura volveu ser moi agradable e levantámonos cargados de enerxía para poder disfrutar doutro día completo de esquí e snow.
Pola tarde disfrutamos dunha Gymkhana cultural polo centro de Jaca.
Despois de cenar disfrutamos dunha divertidisima humorada.
XOVES
Hoxe o día levantouse con algunha nube, pero non hai nada que nos pare! Seguimos evolucionando en todos os niveis e non paramos nin un minuto. A temperatura era agradable e levantámonos cargados de enerxía para poder disfrutar do noso último día completo de esquí e snow. Pola tarde fomos ao centro de Jaca  para poder despedir a nosa última tarde xuntos.
Despois da cea e de preparar as nosas maletas, compartimos unha noite de baile e diversión na discoteca do centro histórico de Jaca.
VENRES
Hoxe o día amaneceu anubrado, cando chegamos a estación de Astún estaba nevando. Tivemos unha magnifica mañá de esquí entre folerpas, ademáis aproveitamos para sacar as últimas fotos e vídeos dos progresos en esquí e snow.
Ao mediodía voltamos ao hotel e despois dunha ducha puxemos rumbo a casa non sin antes botar unhas lágrimas despedíndo aos magnificos monitores de Proyecta Sport.
 
Moitas gracias pola vosa colaboración en todo momento, ademáis de por deixar Guitiriz ben alto coa vosa boa conducta tanto no hotel como cos monitores e profesoras.
Esperamos que o pasarades ben e que vos animedes a repetir!

Gañadores concurso de Nadal de Begonte

Enviado por nuriapena o Ven, 21/02/2020 - 07:07

 Parabéns a Beltrán Salgueiro e a Zaira Vázquez , que resultaron premiados no Certame de Debuxo sobre o Nadal da Casa de Cutura de Begonte. Noraboa, artistas!!!!

Viaxe a Londres

Enviado por admin o Ven, 29/04/2016 - 06:36

Pois xa foron e xa voltaron.

Entre os días 18 e 22 de abril, un grupo de 36 alumnos e alumnas de 3º e 4º de E.S.O. viaxaron a Londres nunha viaxe de estudos na que tiveron ocasión de visitar os lugares máis representativos da cidade e, por suposto, poñer en práctica os seus coñecementos da lingua inglesa.

Estiveron acompañados por Elena Haz e Julio González.

 

A semana foi fructífera, incluindo visitas ao Museo de Historia Natural, Museo da Ciencia, National Gallery, Palacio de Buckingham, Picadilly Circus, Trafalgar Square, Big Ben, London Eye, Candem Town,... E disfrutando todos os días dun tempo maravilloso!

Na GALERÍA iremos subindo fotos da viaxe...

 

1º PREMIO OUFF Escola 2015

Enviado por admin o Mér, 11/11/2015 - 07:30

O pasado luns, día 16 de novembro, unha delegación do noso centro asistiu invitada á Gala de entrega de premios da VI edición do OUFF Escola.

O OUFF escola é un concurso que ten como obxectivo o fomento da participación do alumnado en proxectos audiovisuais, impulsar a creatividade, o traballo en equipo e o uso do idioma galego. Tamén pretende potenciar a utilización das tecnoloxías da información e comunicación nos centros de ensino e crear un espazo de referencia para a mostra audiovisual feito nas aulas.

A gala celebrouse no Auditorio Municipal de Ourense, ás 11 h. e alí acudiu o equipo técnico e artístico que participou na creación de Os Camiños Esquencidos, a curtametraxe realizada polo alumnado do centro no ano 2014 sobre a figura do poeta que dá nome ao noso centro, Xosé María Díaz Castro.

Esperabamos voltar con algún premio debaixo do brazo...

E TROUXÉMOLO!!!

1° Premio na categoría "Outros niveis de ensino non universitario"

Noraboa a Todos/as

  Tamén aquí podes ver a noticia.

Correlingua

Enviado por admin o Xov, 23/04/2015 - 06:01
06/05/2015 09:20
06/05/2015 13:50
Atlantic/Bermuda

Coma todos os anos, neste tamén o noso alumnado concorrerá ao CORRELINGUA.

O alumnado implicado será o de 2º de E.S.O., e desprazaránse a Lugo acompañados/as polas profesoras María Miragaya e Marisé Fernández.

Esta edición celebraráse o mércores 6 de maio de 2015.

 

Visita didáctica ás Covas do Rei Cintolo

Enviado por admin o Xov, 23/04/2015 - 05:57
29/04/2015 09:00
Atlantic/Bermuda

Organizada polos/as profesores/as Ramón Erias e Noemí Fernández, o mércore 29 de abril, o alumnado de 3º de E.S.O. realizará unha visita didáctica ás COVAS DO REI CINTOLO, en Mondoñedo.

A cova do Rei cintolo está situada na parroquia de Argomoso. Destaca por ser a cova caliza máis grande de Galicia, e no seu interior pódense observar interesantes formacións de estalactitas e estalagmitas.

A cova está formada por tres pisos de galerías que forman un total de case catro quilómetros de lonxitude.

Cabe destacar que esta cova posúe un importante interés histórico, xa que nas excavacións realizadas no verán de 2002, dirixidas pola arqueóloga Rosa Villar, atopáronse materiais da Edade do Ferro na súa entrada.

Nas súas proximiidades atópase o Castro de Zoñán.

 

 

 

Viaxe a Roma e Florencia 2015

Enviado por admin o Mér, 22/04/2015 - 08:53

Entre os días 14 e 19 de abril, un grupo de alumnos/as do IES, acompañados por María Miragaya e Julio González, realizaron unha viaxe de estudios (e disfrute, que hai tempo para todo) a Roma e Florencia.

AQUI TEDES FOTOS DA AVENTURA!

 

Actividades Extraescolares Novembro'2014

Enviado por admin o Lun, 24/11/2014 - 08:46

Vos presentamos aquí un pequeno resumo das Actividades Extraescolares e Complementarias realizadas polo centro durante este mes de novembro.

4 de novembro, martes

Como premio á aula mellor coidada do curso 2013-14, o alumnado galardonado (de 2º de ESO A e 2º de ESO B), acompañado por Manu Balsa e Mª José Fernández Gallego, fixeron unha visita a A Coruña, onde levaron a cabo unha xincana pola cidade.

19 de novembro, mércores

Visita á Escola Técnica Superior de Minas en Vigo, dirixida ao alumnado de Bacharelato (1º e 2º). Os profesores acompañantes foron Ana Sánchez e Ramón Erias.

20 de novembro, xoves

Os/as alumnos/as de 3º de ESO, e os/as de Música de 4º de ESO, asistiron a un concerto didáctico a cargo da REAL FILHARMONÍA de GALICIA, dirixido por Jordi Corominas, no que foi interpretada "A Guerra de Troia". Nesta ocasión, as profesoras responsables foron Sandra Tenreiro e Mónica Campo.

25 de novembro, martes

Representación teatral en francés, ademáis de distintas actividades matemáticas en Lugo. Asiste o alumnado de francés, máis 3º de ESO (A+B), acompañado por Victor Pollán e María Miragaya.

 

Ademáis das reseñadas, tamén se desenvolveron distintas charlas, talleres, etc. no propio centro a cargo da Biblioteca, o departamento de Música, o departamento de Matemáticas, ....

 

Que non decaia a actividade!

 

 

Recepción na REAL ACADEMIA GALEGA

Enviado por admin o Mar, 20/05/2014 - 08:44
20/05/2014 00:44
20/05/2014 23:44
Etc/GMT+1

Hoxe, unha representación do alumnado de Guitiriz foi recibido na Real Academia Galega.

Ata A Coruña desplazáronse tamén todos os/as alumnos/as que van participar, xa pola tarde, na presentación no ÁGORA da curtametraxe elaborada este curso, OS CAMIÑOS ESQUENCIDOS.

E, ademáis, tamén o alumnado que forma parte do clube de lectura, acudiu, respondendo á previa invitación, a visitar aos seus compañeiros/as do clube de lectura do IES URBANO LUGRÍS...

En fin. Unha xornada, chea, chea, chea, de emocións e traballo...

Distribuir contido