Seccións Bilingües

Se queres información sobre as SECCIÓNS BILINGÜES, preme na imaxe

Enviado por admin o Lun, 28/02/2011 - 09:37

( categories: )

ANDAINA: CAMIÑAMOS POR RETOS

Enviado por noefp o Xov, 14/05/2020 - 11:53

 

Introdución.

 

O día 12 de novembro ás 10.30h (Día internacional contra a obesidade infantil) fixose unha andaina educativo/solidaria coas comunidades educativas do CEIP Plurilingüe Santo Estevo de Parga, CEIP Lagostelle e IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz, centros con sección bilingüe en inglés ou centros plurilingües de Guitiriz.

 

Xustificación.

 

Nesta actividade loitamos por catro alicerces fundamentais:

 

A)      Camiñando por un reto: “Andaina”, contrarrestar e previr a obesidade, o sobrepeso e o sedentarismo mediante a actividade física e hábitos de vida saudables (alimentación saudable: o Concello de Guitiriz donou fruta para todos os asistentes, Sheila a pediatra do centro de saúde de Guitiriz vai dar unha charla ao alumnado sobre hábitos de vida saudables) chegando imaxinariamente sumando os quilómetros de todos/as os/as participantes ata Estocolmo (cidade que está a 2500qms en liña recta de distancia de Guitiriz), ademáis de facer un estudo desta cidade a nivel medio ambiental e ver que cousas poderíamos importar para nosa vila referidas a esta temática. (Proxecta:PDC)

 

B)      Loitar pola igualdade de xénero: Levamos dorsais con nomes de mulleres deportistas históricas. (Proxecto: "Donas de sí")

 

C)      Apoiamos a investigación da leucemia infantil: “V edición volta ao cole contra a leucemia infantil” (recaudamos fondos cos que financiar proxectos de investigación infantil, participamos cunha aportación voluntaria de 1 euro, o IES ingresará dita aportación na conta da ONG: unoentrecienmil.org), entregouse dorsal adhesivo solidario sen numerar o día da carreira e diploma ao finalizar a mesma, premio ao seu esforzo.

 

D)      Coidamos o medio ambiente, coidamos Guitiriz.

 

“Recollemos lixo” ao longo do percorrido con luvas reutilizables, formándonos nun planeta limpo e sostible. (Proxecto: aLIXeirate)

 

-O alumnado coa axuda do profesorado de inglés e auxiliares de conversación cantou cancións en inglés con temática sobre as tres R.(reutilizar, reducir, reciclar) coa axuda da auxiliar de conversa: Liz (Sección Bilingüe)

 

-O alumnado do CEIP de Lagostelle coa axuda do seu profesor de plástica e do auxiliar de conversación fixo distintas pancartas en inglés sobre as temáticas da andaina, coa axuda da auxiliar de conversa: Liz (Sección Bilingüe)

 

Nivel:

 

Educación Primaria, Secundaria e Bacherelato.

 

Materia

 

Organizada polos departamentos de Educación Física e Educación Plástica e Artística, ambos con sección bilingüe en Inglés en distintos niveis.

 

Ademáis colaboraron interdisciplinarmente os departamentos de Actividades Extraescolares, Inglés, Música, Linguas Castelá e Galega e  intercentros distintos departamentos e mestres dos centros educativos: CEIP Plurilingüe Santo Estevo de Parga e CEIP Lagostelle.

 

Idioma

 

Galego e inglés

 

Temporalización aproximada

 

Seis sesións no primeiro trimestre do curso académico.

 

Recursos TIC

 

Ordenador, cámara de fotos e de vídeo, móviles, equipo de música

 

Competencias clave

 

Competencia en comunicación linguistica

 

Competencia matemática e competencia básica en ciencia e tecnoloxía

 

Competencia dixital

 

Competencia aprender a aprender

 

Competencia social e cívica

 

Competencia de iniciativa e espírito emprendedor

 

Competencia en conciencia e expresións culturais

 

Obxectivos

 

a)      Linguisticos:

 

-Promover o pracer pola Lingua Estranxeira: Inglés, Música, Educación Física, Educación Plástica e Visual, Linguas Castelá e Galega.

 

-Formar persoas competentes que poidan utilizar as linguas para falar, comprender, ler e escribir creando actitudes positivas cara ás mesmas e, ao mesmo tempo, axudar a comprender e valorar a lingua propia.

 

-Promover un bilingüismo cunha formulación de Comunidade de Aprendizaxe (toda a Comunidade Educativa vai estar implicada no desenvolvemento do proxecto: familias, profesorado e alumnado dos distintos centros escolares, Concello, voluntarios,…)

 

-Desenvolver a competencia comunicativa do alumnado e das competencias intrapersonales, interpersoais e interculturais que lle axuden a evolucionar como individuo autónomo capaz de desenvolverse con éxito nunha sociedade pluricultural.

 

b)      Non linguisticos

 

 

-Valorar as actividades deportivas como medio de gozar e de relación cos demáis.

 

-Entender mellor a realidade, de formarse integralmente, de relacionarse con membros doutros países, de enriquecer o seu mundo cultural favorecendo actitudes de respecto e tolerancia.

 

-Integrarnos nun sistema educativo dinámico, que adapta o ensino á demanda da vida real.

 

-Favorecer o espírito emprendedor, traballo en equipo, coordinación, relación e formación intra e inter centros, mediante actividades e experiencias  conxuntas entre o IES e  os centros de primaria do mesmo Concello.

 

Contidos

 

a)      Linguisticos:

 

-Traballo de Lingua Estranxeira: Inglés, Música, Educación Física, Educación Plástica e Visual, Linguas Castelá e Galega.

 

-Uso das linguas para falar, comprender, ler e escribir creando actitudes positivas cara ás mesmas e, ao mesmo tempo, axudar a comprender e valorar a lingua propia.

 

-Promoción bilingüismo cunha formulación de Comunidade de Aprendizaxe (toda a Comunidade Educativa vai estar implicada no desenvolvemento do proxecto: familias, profesorado e alumnado dos distintos centros escolares, Concello, voluntarios,…)

 

-Desarrollo da competencia comunicativa do alumnado e das competencias intrapersonales, interpersoais e interculturais que lle axuden a evolucionar como individuo autónomo capaz de desenvolverse con éxito nunha sociedade pluricultural.

 

b)      Non linguisticos

 

-Disfrute de actividades deportivas como medio de gozar e de relación cos demáis.

 

-Mellor comprensión da realidade, de formarse integralmente, de relacionarse con membros doutros países, de enriquecer o seu mundo cultural favorecendo actitudes de respecto e tolerancia.

 

-Integración nun sistema educativo dinámico, que adapta o ensino á demanda da vida real.

 

-Innovación e espírito emprendedor, traballo en equipo, coordinación, relación e formación intra e inter centros, mediante actividades e experiencias  conxuntas entre o IES e os centros de primaria do mesmo Concello.

 Temporalización e secuenciación

 

Seis sesións no primeiro trimestre do curso académico

 

Sesión I: Preparación, “brainstorming”.

 

Sesión II e III: Reunión concello: técnico deportes e turismo, centro de saúde, colexios, departamentos.

 

Sesións II, III, IV,V: Permisos e cartas ós centros, preparación do percorrido da andaina, ensaio cos cursos da canción en inglés sobre medio ambiente, realización do cartel da proba e carteis con lemas en inglés, visionado de videos sobre as tres R ( reutilizar, reciclar, reusar) en inglés para levar o día da implementación.

 

Sesión VI: Implementación o día 12 de novembro na praza Campo da Feira de Guitiriz.

 

Medidas de atención ó alumnado con necesidades especificas de apoio educativo

 

De carácter ordinario e con alumnado con dificultades específicas de aprendizaxe

 

Estratexias que favoreceron a plena e activa participación do alumnado no aprendizaxe

 

Uso de espazos

 

Coordinación e traballo conxunto entre o profesorado e alumnado na actividade

 

Medidas de reforzo e apoio

 

Atención individualizada

 

Adaptación ós diferentes ritmos de aprendizaxe

 

Inclusión e normalización para a búsqueda da igualdade

 

Criterios, instrumentos de avaliación e estándares

 

A metodoloxía que se empregou no desenvolvemento do Proxecto foi fundamentalmente activa, democrática, participativa, integrada de forma interdisciplinar, con inclusión de contidos doutras áreas curriculares e complementada con actividades complementarias e extraescolares.

 

A metodoloxía baseóuse nos principios: de motivación, actividade e interación entre iguais.

 

 Avaliación inicial:

 

-Ideas de departamentos, profesorado, alumnos.

 

-Reunión entre coordinador, colaboradores, alumnos e profesores implicados no proxecto.

 

Avaliación formativa:

 

-Reunións entre coordinador e colaboradores.

 

-Conversacións continuas co alumnado, os profesores e departamentos implicados.

 

Avaliación contínua do proxecto:

 

-Autoevaluación.

 

Avaliación final:

 

-Autoevaluación e propostas de mellora.

 

-Memoria final e desenvolvemento dos vídeos das actividades do proxecto.

 

URL da proposta

 

https://efiespoetadiazcastro.blogspot.com/2019/10/andaina-caminamos-por-retos.html

 

https://efiespoetadiazcastro.blogspot.com/2019/11/andainacaminamos-por-retos.html

 

( categories: )

Gañadores concurso de Nadal de Begonte

Enviado por nuriapena o Ven, 21/02/2020 - 07:07

 Parabéns a Beltrán Salgueiro e a Zaira Vázquez , que resultaron premiados no Certame de Debuxo sobre o Nadal da Casa de Cutura de Begonte. Noraboa, artistas!!!!

Fotografía en Curso. Obradoiro con Vari Caramés.

Enviado por nuriapena o Xov, 05/06/2014 - 05:48

  Este ano tivemos a sorte de poder participar no Plan Proxecta co programa "Fotografía en Curso" e traballar co fotógrafo Vari Caramés.

Aquí vos deixamos o enlace ao blog co noso traballo:

 

Fotografía en curso/iespoetadíascastro

Máis Imaxes de 3º de E.S.O. do ano pasado.

Enviado por nuriapena o Dom, 18/11/2012 - 15:44
Máis Imaxes de 3º de E.S.O. do ano pasado.

Exposición final de curso 3º da E.S.O.

Enviado por nuriapena o Dom, 18/11/2012 - 15:39

Exposición final de curso 3º da E.S.O.

Enviado por nuriapena o Sáb, 17/11/2012 - 15:51
Exposición final de curso 3º da E.S.O.

Exposición final de curso 3º da E.S.O.

Enviado por nuriapena o Sáb, 17/11/2012 - 15:47

 Aqui tedes algunhas fotos sobre a exposición de final de curso dos alumnos de 3º da E.S.O.

Distribuir contido