Extraescolares e Complementarias

VISITA DIDÁCTICA A SANTIAGO DE COMPOSTELA

Enviado por admin o Mér, 04/05/2011 - 05:54
00/00/
Array

O alumnado de 2º de eso A, xunto co de Hº da Arte de 2º de Bacharelato, viaxarán o día 24 de maio a Santiago de Compostela para realizar unha visita didáctica organizada polo departamento de Xeografía e Historia.


 

PROGRAMA ARCE: VIAXE DIDÁCTICA A TARIFA (CÁDIZ)

Enviado por admin o Mér, 04/05/2011 - 05:45
00/00/
Array

Acompañados polo profesor José Engroba, e dentro do programa ARCE de agrupamento escolar, viaxarán a Tarifa para intercambiar experiencias e compartir traballo cos outros centros agrupados no programa, os alumnos detallados abaixo. Sairán o día 8 de maio e regresarán o 14. Boa viaxe!











3º ESO A 3º ESO B 3º ESO PDC

BUJÁN APARICI, ISABEL


CURRÁS ÁLVAREZ, MARTÍN SABINO


GARCÍA ANDÓN, TAMARA


GARCÍA LORENZO, AMANDA ISABEL


RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ, LAURA


RODRÍGUEZ LAGE, ANA


VALIÑA SÁNCHEZ, SABELA


BUJÁN MORANDEIRA, ALBERTO


LÓPEZ VÁZQUEZ, ÓSCAR

CONFERENCIA E.P.A. CÁRCERE DE TEIXEIRO

Enviado por admin o Mér, 04/05/2011 - 05:42
00/00/
Array

O departamento de Filosofía organiza unha conferencia da E.P.A. do cárcere de Teixeiro na que falarán do PROXECTO "ANOCA": O EXERCICIO DA CIDADANÍA EN PRISIÓN. Para isto, recibiremos a visita de reclusos e monitores dese cárcere.


A conferencia está dirixida ao alumnado de 1º de Bacharelato.


Podedes visitar o blogue do proxecto AQUÍ.

INTERCAMBIO DO IES "CABO ORTEGAL" (CARIÑO)

Enviado por admin o Mar, 03/05/2011 - 06:15
00/00/
Array

 


O Departamento de Normalización e Dinamización Lingüística organiza o 18 de maio, mércores, froito dun intercambio entre o noso centro e o IES CABO ORTEGAL, de Cariño (A Coruña), recibiremos a visita de alumnos/as dese instituto.


Ao longo da mañá, desenvolveránse distintas actividades no centro. Pola tarde, percorreremos a Ruta da Auga.


 

CORRELINGUA

Enviado por admin o Mar, 03/05/2011 - 06:01
00/00/
Array

O mércores 11 de maio, o alumnado de 4º de ESO (incluido PDC), asistirá en Lugo á XI edición do CORRELINGUA. 


CORRELINGUA é unha proposta de carácter lúdico-educativo que pretende convidar á mocidade e aos centros de ensino a participar nun acto público de reivindicación do dereito a medrar en galego e tamén a exercer de maneira efectiva como galegos e galegas a través do uso do noso idioma, única forma de garantir o seu futuro. Trátase de darlle protagonismo social e voz ao sector fundamental no proceso de normalización da lingua galega e que debe ter un papel activo no mesmo.


Para este ano elexiuse como lema da actividade "En galego sempre somos", sinalando a importancia da lingua como mellor vehiculo de expresión da nosa indentidade colectiva e xa que logo, como medio de unión entre as galegas e galegos.

MATEMÁTICAS NA RÚA

Enviado por admin o Mar, 03/05/2011 - 05:51
00/00/
Array

O próximo martes 10 de maio, o alumnado de 1º a 4º de ESO desplazaráse a Lugo para participar na actividade MATEMÁTICAS NA RÚA, acompañados polos/as profesores/as Mercedes González, Consuelo Otero, Mª Carmen Marrondo e Víctor Pollán. A saída será ás 8:45 e voltarán ás 20:00. 


Con esta actividade, que se desenvolverá nas rúas e prazas, os participantes aprenderán mediante o xogo cálculo mental, xeometría en 2D e 3D, lóxica, xeometría dinámica e mosaicos.

CONFERENCIA MATILDE RÍOS

Enviado por admin o Mar, 15/03/2011 - 07:02
00/00/
Array

O xoves ven ao instituo Matilde Rios, autora do libro "Matemáticas nas matemáticas", con motivo "do día da muller traballadora", e tocará o tema da escasez de mulleres científicas, na súa versión "matemáticas".


  

FESTA DO ANTROIDO

Enviado por admin o Mar, 01/03/2011 - 14:12
00/00/
Array

O venres 4 de marzo celebramos no instituto a nosa festa do antroido, na que contamos coa actuación do grupo Irmandades do Falo


Viaxe do alumnado de 1º de Bacharelato a Roma e Florencia

Enviado por admin o Ven, 21/01/2011 - 03:50
00/00/
Array

Entre os días 28 de febreiro e 5 de marzo, as alumnas e alumnos de 1º de Bacharelato visitaron Roma e Florencia... A ver que aprenderon...

Aquí tedes o álbume de fotos da viaxe

Distribuir contido