Extraescolares e Complementarias

Actuación de TROPA DE TRAPO

Enviado por admin o Mér, 16/11/2011 - 07:13
00/00/
Array

O xoves 17 disfrutaremos no instituto da actuación de TROPA DE TRAPO.

Terá lugar no Salón de Actos, para 3º de ESO e 4º PDC, entre as 11:30 e as 12:30.

Para o alumnado de 1º de ESO, TROPA DE TRAPO visitará as súas aulas entre as 12:30 e as 13:30.

VISITA A ALCOA- BURELA - CFE AGROFORESTAL "PEDRO MURIAS"

Enviado por juliogonzalez o Lun, 14/11/2011 - 07:48
00/00/
Array

Pois xa o dí o título:

o vindeiro venres día 18, o alumnado de 3º e 4º de E.S.O. farán unha viaxe San Cibrao, Burela e Ribadeo, saíndo de Guitiriz ás 8:30 horas e voltando ás 17:00. Visitará a CFE Agroforestal "Pedro Murias".

Acompañarán aos alumnos/as os/as profesores/as Ramón Erias, Ana Sánchez e Catalina Romero.

 

ALGO RARO PASA NESTE INSTITUTO...

Enviado por admin o Xov, 27/10/2011 - 06:16

Estamos comprobando que estes días algo estrano está a pasar no noso instituto...

PROXECTO RÍOS: Saída Río Pardiñas

Enviado por admin o Lun, 24/10/2011 - 06:03
00/00/
Array

No marco do PROXECTO RÍOS, o venres días 28 de outubro, e organizada polos profesores Ramón Erias e Catalina Romero, do departamento de Bioloxía e Xeoloxía do Instituto, desenvolveráse unha saída ao Río Pardiñas.

Esta actividade está dirixida ao alumnado de 2º de ESO, grupo A. A saída está prevista para as 11:00 horas, e a chegada ás 13:00 h.

MAGOSTO 2011

Enviado por admin o Lun, 24/10/2011 - 04:14
00/00/
Array

O vindeiro venres 28 de outurbro, entre as 11:00 h. e as 11:30 h., celebraremos o tradicional magosto.

Onde? No patio exterior traseiro do Instituto.

Contaremos coa colaboración especial dos alumnos do P.C.P.I.

Para poder disfrutar dunhas boas castañas pregamos que os/as alumnos/as aporten unha bolsa de castañas xa picadas. Poderán ser depositadas nunha caixa situada á carón da oficina.

Grazas.

Viaxe didáctica á FUNDACIÓN CAIXA GALICIA

Enviado por admin o Mar, 18/10/2011 - 11:44
00/00/
Array

Acompañados pola profesora Mariajo Fernández Gallego e o profesor Santiago Dans Sampedro, o vindeiro 25 de outubro, martes, o alumnado de 1º curso da E.S.O. efectuará unha visita didáctica á sede da Fundación Caixa Galicia.

A saída está programada para as 11:00 horas e a chegada ás 15:00 h.

PROGRAMA ARCE: VISITA A MADRID

Enviado por admin o Mar, 18/10/2011 - 11:38
00/00/
Array

Do 17 ao 21 de outubro, e dentro das actividades do programa ARCE, un grupo de alumnos/as acompañados/as polas profesoras Nuria Pena Figueruelo e Consuelo Otero Yáñez, realizarán unha visita didáctica a Madrid.

Cómpre lembrar que o proxecto no que estamos a colaborar leva o título de "A Auga como Tòpico de Estudo", e que se realiza xunto con outros centros educativos doutras partes de España. Nesta ocasión, os centros que intentan levar adiante este proxecto son de Guitiriz, Madrid e Tarifa.

En breve, disporedes de máis imaxes desta viaxe no menú GALERÍAS, nesta web, arriba á dereita.

CONFERENCIA INAUGURAL DO CURSO 2011-2012

Enviado por admin o Mar, 11/10/2011 - 08:15

O vindeiro venres, día 14 de outubro, ás 12:20 horas, no Salón de Actos do instituto o pintor XABIER CORREA CORREDOIRA ofrecerá unha charla que inaugurará de xeito oficial o curso 2011-2012. Esta charla está dirixida ao alumnado de 3º e 4º de ESO e 1º e 2º de BACHARELATO. Non faltedes!

II PLAN DIRECTOR PARA A CONVIVENCIA E MELLORA DA SEGURIDADE ESCOLAR

Enviado por admin o Ven, 06/05/2011 - 07:07

O pasado día 4 tivemos ocasión de presenciar no instituto unha exhibición de especialidades da Guardia Civil, na que participaron a Agrupación de Tráfico, Policía Xudicial, Servicio Aéreo, SE.PRO.NA, etc. Compartimos esta actividade con alumnos dos centros educativos dos arredores.


AQUÍ tedes o enlace á reseña no diario EL PROGRESO, e abaixo van un par de fotos do día.









VISITA DIDÁCTICA AO IMELGA

Enviado por admin o Mér, 04/05/2011 - 06:10
00/00/
Array

O alumnado de 1º de Bacharelato, xunto co de 2º de Bacharelato A, visitará o vindeiro 27 de maio as instalacións do Instituto Galego de Medicina Legal, nunha viaxe organizada polo departamento de Bioloxía e Xeoloxía. A saída producirase ás 9:20 horas, e retornarán ás 16:00 horas aproximadamente.

Distribuir contido