Extraescolares e Complementarias

Unha experiencia moi interesante

Enviado por admin o Mér, 30/05/2012 - 08:06

Moitos de vós recordaredes á profesora de música Lara Valcuence, quen sustituira a Sandra Tenreiro na súa primeira baixa por maternidade.

Pois ben, agora Lara nos presenta unha actividade interesantísima que está a desenvolver: unha compañía de ópera infantil.

AQUÍ vos deixo o enlace, para que visitedes o seu blogue.

 

COMPAÑÍA DE ÓPERA INFANTIL

"CONSTELACIÓN"

 

 

Visita didáctica pola costa da morte

Enviado por admin o Mér, 09/05/2012 - 06:39

O martes día 29 de maio, o alumnado de 2º de Bacharelato realizará unha visita didáctica pola COSTA DA MORTE.

O grupo estará acompañado polos/as profesores/as Marisé Fernández, María Miragaya e Alfredo Torres.

Saíndo ás 8:30 horas de Guitiriz, está previsto que percorran Buño, Castro de Borneiro, Vimianzo, Camariñas e Cabo Vilán.

O regreso está previsto para as 19:30 horas aproximadamente (hora de chegada ao instituto).

Esta actividade está organizada polo Departamento de Lingua Galega e Literatura.

 

 

 

Visita didáctica a Santiago de Compostela

Enviado por admin o Mér, 09/05/2012 - 06:35

O vindeiro mércores 23 de maio, o alumnado de Historia da Arte de 2º de Bacharelato, xunto con todo o de 2º de E.S.O., realizarán unha visita didáctica a Santiago de Compostela, na que estarán acompañados/as por Mª José Oreiro, Santiago Dans e María José Fernández Gallego.

A saída de Guitiriz está prevista para as 8:30 horas, e a chegada xa pola tarde, aproximadamente ás 19:30.

 

 

ACTO DE DESPEDIDA E ENTREGA DE ORLAS AO ALUMNADO DE 2º DE BACHARELATO

Enviado por admin o Ven, 04/05/2012 - 08:50

O vindeiro venres 25 de maio despediremos ao alumnado que está a cursar o 2º curso de BACHARELATO cun acto no que, coma sempre, haberá discursos, recordos, consellas e poida ser que algunha sorpresa...

Nese mesmo acto, que terá lugar no Salón de Actos do instituto a partir das 19:30 (salvo cambios de última hora por necesidades organizativas), faráse entrega das orlas para as que tan profesionalmente todos (alumnos/as e profesores/as) posamos no seu momento.

Visita didáctica a Celanova

Enviado por admin o Ven, 20/04/2012 - 05:02
00/00/
Array

Organizada polo departamento de Lingua Galega e Literatura, o alumnado de 3º de ESO, incluido o Programa de Diversificación Curricular, realizará unha visita didáctica a Celanova o vindeiro martes 8 de maio.

Sairán do instituto ás 8:30 horas  e regresarán aproximadamente ás 19:30.

Nesta ocasión irán acompañados por JESÚS ÁLVAREZ e MARISÉ FERNÁNDEZ.

CORRELINGUA

Enviado por admin o Ven, 20/04/2012 - 04:49
00/00/
Array

O martes 8 de maio, o alumnado de 4º de ESO (incluido PDC), asistirá en Lugo á XII edición do CORRELINGUA

CORRELINGUA é unha proposta de carácter lúdico-educativo que pretende convidar á mocidade e aos centros de ensino a participar nun acto público de reivindicación do dereito a medrar en galego e tamén a exercer de maneira efectiva como galegos e galegas a través do uso do noso idioma, única forma de garantir o seu futuro. Trátase de darlle protagonismo social e voz ao sector fundamental no proceso de normalización da lingua galega e que debe ter un papel activo no mesmo.

MARÍA MIRAGAYA e ALFREDO TORRES serán os encargados de coidar de toda a tropa neste desprazamento...

Compartindo Contos

Enviado por admin o Xov, 19/04/2012 - 05:33
00/00/
Array

Organizada polo departamento de BIBLIOTECA, e baixo a coordenación dos/as profesores/as MÓNICA CAMPO, SANTIAGO DANS, MARÍA MIRAGAYA e VICTOR POLLÁN, o vindeiro luns día 23 de abril un grupo de alumnos/as de diferentes cursos desplazaránse aos colexios de educación infantil e primaria da nosa zona para ofrecer aos pequenos unha interesante lectura de contos.

Desde a Biblioteca e desde o propio IES POETA DÍAZ CASTRO, lembrámosvos que este mesmo día 23 de abril celebramos o DÍA MUNDIAL DO LIBRO, unha ocasión excelente para se achegar á lectura e afeccionarse a ela. E para iso, non hai mellor cousa que pasar pola biblioteca do centro e botarlle un ollo a todo o que alí temos á vosa disposición, ata que atopedes ese libro que vos fará para sempre lectores (todos temos o noso, é cuestión de dar con él...).

Que teñades un bo día do libro e... BOA LECTURA!!

 

Viaxe a Londres

Enviado por admin o Lun, 16/04/2012 - 19:17
00/00/
Array

Xa case convertida nunha actividade "tradicional" das Seccións Bilingües que temos no centro, realizaremos unha viaxe a Londres entre os días 23 e 27 do mes de abril.

Sairemos dende o aeroporto de Santiago o día 23 para voltar ao aeroporto de Asturias o venres 27.

Nesta ocasión, o grupo de alumnos/as de 3º e 4º de ESO  que van viaxar ata o Reino Unido estará acompañado por Nuria Pena e Julio González.

Durante esta visita, visitarán lugares representativos e terán que realizar algunha que outra actividade... que non todo vai ser "parrandear"...

AS FOTOGRAFÍAS DA VIAXE PÓDELAS ATOPAR NAS Galerías OU DIRECTAMENTE AQUÍ

Camiño de Santiago

Enviado por admin o Xov, 12/04/2012 - 06:47
00/00/
Array

Os vindeiros días 7 e 8 de maio, un grupo de alumnos/as de 3º de E.S.O. realizará dúas etapas do Camiño de Santiago.

A saída de Guitiriz está prevista para o día 7 (luns) ás 15:00 h. , e o regreso o martes día 8 pola tarde.

Organizada polo departamento de Educación Física, os acompañantes nesta actividade serán os profesores Alfredo Haz Garrido (Educación Física) e José Manuel Ares Sánchez (Soldadura-PCPI).

As estapas que se realizarán serán as seguintes:

 

                             PALAS DE REI - MELIDE

                             MELIDE - ARZÚA

Literatura e Matemáticas

Enviado por admin o Xov, 29/03/2012 - 08:48
00/00/
Array

Impartida por GONZALO TEMPERÁN BECERRA, integrante do equipo docente de ESTALMAT o vindeiro 18 de abril poderemos asistir no instituto a unha interesante conferencia sobre LITERATURA E MATEMÁTICAS.

Terá lugar ás 12:30 h. no salón de actos, e está dirixida a todo o alumnado de 1º e 2º de ESO.

Distribuir contido