Taboleiro

II Concurso de Microrrelatos Prensa-Escuela

Enviado por admin o Xov, 17/03/2016 - 09:35

O noso compañeiro de 3º de E.S.O. Carlos Ariel Cabana Cendán participa no II Concurso de microrrelatos prensa-escuela con un relato titulado O FERROCARRIL DOS RECORDOS.

Imos entre todos/as botarlle unha man dándolle o noso voto no enlace de abaixo:

VOTAR RELATO "O FERROCARRIL DOS RECORDOS"

Sorte, Carlos!

( categories: )

Premio Extraordinario para Iris Villar

Enviado por admin o Xov, 10/03/2016 - 07:42

 

O pasado venres día 4 día 4 de marzo, a nosa alumna e compañeira IRIS VILLAR LÓPEZ, acompañada pola súa familia e a directora do Instituto, desprazouse a Santiago para recoller o seu Premio Extraordinario de Secundaria á Superación e o Esforzo Persoal.

Con estes premios ao esforzo e á superación persoal, a Consellería busca recoñecer e valorar os comportamentos excepcionais dos alumnos e das alumnas que grazas á dedicación e ao esforzo demostrado ao longo da etapa conseguiron superar as súas dificultades de tipo persoal, educativas ou do contorno familiar ou sociocultural, no marco dun ensino comprensivo e integrado.

Noraboa, Iris!!

( categories: )

2º de BACHARELATO

Enviado por admin o Mar, 07/07/2015 - 20:59

Aquí están. Eles e elas. Todos posando felices por ter rematado (por fin!) o seu paso polo noso Instituto. Seguro que a algúns/has faríaselle curto, mentres que a outros/as pareceríalles unha eternidade. Pero todo o que comeza remata algún día.

Eles e elas son: Aldara, Cristina, Paula, Manoli, Carlos, María, Andrea, Elena, Noelia, Christian, Yaiza, Martín, Laura, Esteban, Sabela, Suso, Martín, Noelia, Xurxo, Daniel e Jonathan.

A nós, como equipo docente deste centro, só nos queda xa desexarlles o mellor e os maiores éxitos nas súas vidas, fagan o que fagan con elas.

 

 

 

( categories: )

CONCURSO RELATO CURTO

Enviado por admin o Mar, 07/07/2015 - 20:51

Noraboa tamén á nosa ANTÍA SÁNCHEZ, de 2º de ESO, que foi a gañadora provincial do concurso de Relato Curto Xóvenes Talentos, organizado por Coca-Cola, noticia da que xa deron cumprida conta no seu blogue os nosos artistas da Biblioteca.

Por se acaso non visitáchedes o seu blogue últimamente, aquí vos queda o enlace...

( categories: )

RECOÑECEMENTO AOS MELLORES EXPEDIENTES

Enviado por admin o Mar, 07/07/2015 - 20:32

O pasado 30 de xuño, estivemos acompañando á nosa alumna e compañeira ELENA COMBO VILAS e á súa familiaa no acto de recoñecemento aos mellores expedientes de Bacharelato de Galicia, organizado pola Universidade de Santiago.

NORABOA ELENA E SORTE NOS PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO!!

 

Aquí vos deixamos enlace ao vídeo da entrega de diplomas 

ENTREGA DE DIPLOMAS

 

Se o que queredes é ver todo o acto, aquí o tedes:  MELLORES EXPEDIENTES 2015

 

 

( categories: )

Concurso D3MOBILE

Enviado por admin o Mér, 13/05/2015 - 08:22

GRACIAS A TODOS/AS OS QUE, COS VOSOS VOTOS, COLABORASTES PARA QUE ACADARAMOS O 1º PREMIO PROVINCIAL
 
 

O video podedes velo en YOUTUBE (https://www.youtube.com/watch?v=4a29Vet6OXI)

Graciñas a todos polos vosos votos e colaboración.

 
 

 

 

( categories: )

Resultado da rifa pro-viaxe a Londres

Enviado por admin o Ven, 04/05/2012 - 12:23

O número gañador no sorteo do cupón da O.N.C.E. celebrado o xoves día 3 de maio de 2012, en combinación co que se levaba a cabo a rifa pro-viaxe de estudos a Londres foi o

 

43143

 

Noraboa a/os afotunado/as

( categories: )

ACTO DE DESPEDIDA E ENTREGA DE ORLAS AO ALUMNADO DE 2º DE BACHARELATO

Enviado por admin o Ven, 04/05/2012 - 08:50

O vindeiro venres 25 de maio despediremos ao alumnado que está a cursar o 2º curso de BACHARELATO cun acto no que, coma sempre, haberá discursos, recordos, consellas e poida ser que algunha sorpresa...

Nese mesmo acto, que terá lugar no Salón de Actos do instituto a partir das 19:30 (salvo cambios de última hora por necesidades organizativas), faráse entrega das orlas para as que tan profesionalmente todos (alumnos/as e profesores/as) posamos no seu momento.

Un sorriso, por favor (para os rapaces de 2º BAC)

Enviado por admin o Mar, 12/04/2011 - 08:52








( categories: )
Distribuir contido