Prevención de Lesións Medulares

Enviado por admin o Mér, 14/12/2011 - 19:29
00/00/
Array

O luns día 19 de decembro teñen lugar na sala de audiovisuais do centro unhas charlas para a prevención de lesións medulares especialmente en accidentes de tráfico, tratando ademáis o tema das barreiras arquitectónicas.

Os horarios dos grupos serán os que figuran na seguinte táboa:

 

Hora Grupo
11:20 - 13:00

1º ESO

2º ESO

13:20 - 15:00

3º ESO

4º ESO

PCPI

Visita a A Coruña

Enviado por admin o Ven, 09/12/2011 - 09:58
00/00/
Array

O vindeiro luns 19 de decembro, un grupo de alumnos/as que habitualmente participan nas activideades da Biblioteca, viaxarán acompañados/as polo profesor Santiago Dans a A Coruña.

O motivo da viaxe é facer unha visita á exposición PRIMEIRAS CIVILIZACIÓNS: EXIPTO E MESOPOTAMIA, que actualmente, e ata o 8 de xaneiro, está instalada na sede da FUNDACIÓN NOVACAIXAGALICIA.

A viaxe se completará cunha visita á FNAC dirixida á adquisición de fondos.

TEATRO EN FRANCÉS: "Le malade imaginaire"

Enviado por admin o Mér, 23/11/2011 - 09:23
00/00/
Array

O vindeiro venres día 25 de novembro, o alumnado de francés deste centro asistirá no Colexio San Xosé de Lugo a unha representación de teatro en francés. A obra que van ver é "Le malade imaginaire" (O doente imaxinario) de Molière. Neste desprazamento serán acompañados polas profesoras Jacqueline López García, Begonia Iglesias Carballo e Jaclyn Sylvia.

Actuación de TROPA DE TRAPO

Enviado por admin o Mér, 16/11/2011 - 07:13
00/00/
Array

O xoves 17 disfrutaremos no instituto da actuación de TROPA DE TRAPO.

Terá lugar no Salón de Actos, para 3º de ESO e 4º PDC, entre as 11:30 e as 12:30.

Para o alumnado de 1º de ESO, TROPA DE TRAPO visitará as súas aulas entre as 12:30 e as 13:30.

VISITA A ALCOA- BURELA - CFE AGROFORESTAL "PEDRO MURIAS"

Enviado por juliogonzalez o Lun, 14/11/2011 - 07:48
00/00/
Array

Pois xa o dí o título:

o vindeiro venres día 18, o alumnado de 3º e 4º de E.S.O. farán unha viaxe San Cibrao, Burela e Ribadeo, saíndo de Guitiriz ás 8:30 horas e voltando ás 17:00. Visitará a CFE Agroforestal "Pedro Murias".

Acompañarán aos alumnos/as os/as profesores/as Ramón Erias, Ana Sánchez e Catalina Romero.

 

INAUGURADAS AS GALERÍAS FOTOGRÁFICAS DA WEB

Enviado por admin o Xov, 27/10/2011 - 08:43

No día de hoxe, vimos de levar a cabo a inauguración oficial das Galerías Fotográficas desta páxina web. Nelas irán aparecendo os álbumes coas fotos que recollen os momentos máis interesantes, divertidos, importantes, etc. vida no centro.

Para acceder, debedes ir ao enlace "Galerías", logo "User Galleries", e finalmente facer click na foto que aparece do usuario "admin" e xa vos aparecerán os distintos álbumes.

Esperamos que vos gusten...

 

ALGO RARO PASA NESTE INSTITUTO...

Enviado por admin o Xov, 27/10/2011 - 06:16

Estamos comprobando que estes días algo estrano está a pasar no noso instituto...

PROXECTO RÍOS: Saída Río Pardiñas

Enviado por admin o Lun, 24/10/2011 - 06:03
00/00/
Array

No marco do PROXECTO RÍOS, o venres días 28 de outubro, e organizada polos profesores Ramón Erias e Catalina Romero, do departamento de Bioloxía e Xeoloxía do Instituto, desenvolveráse unha saída ao Río Pardiñas.

Esta actividade está dirixida ao alumnado de 2º de ESO, grupo A. A saída está prevista para as 11:00 horas, e a chegada ás 13:00 h.

MAGOSTO 2011

Enviado por admin o Lun, 24/10/2011 - 04:14
00/00/
Array

O vindeiro venres 28 de outurbro, entre as 11:00 h. e as 11:30 h., celebraremos o tradicional magosto.

Onde? No patio exterior traseiro do Instituto.

Contaremos coa colaboración especial dos alumnos do P.C.P.I.

Para poder disfrutar dunhas boas castañas pregamos que os/as alumnos/as aporten unha bolsa de castañas xa picadas. Poderán ser depositadas nunha caixa situada á carón da oficina.

Grazas.

Viaxe didáctica á FUNDACIÓN CAIXA GALICIA

Enviado por admin o Mar, 18/10/2011 - 11:44
00/00/
Array

Acompañados pola profesora Mariajo Fernández Gallego e o profesor Santiago Dans Sampedro, o vindeiro 25 de outubro, martes, o alumnado de 1º curso da E.S.O. efectuará unha visita didáctica á sede da Fundación Caixa Galicia.

A saída está programada para as 11:00 horas e a chegada ás 15:00 h.

Distribuir contido