INAUGURADAS AS GALERÍAS FOTOGRÁFICAS DA WEB

Enviado por admin o Xov, 27/10/2011 - 07:43

No día de hoxe, vimos de levar a cabo a inauguración oficial das Galerías Fotográficas desta páxina web. Nelas irán aparecendo os álbumes coas fotos que recollen os momentos máis interesantes, divertidos, importantes, etc. vida no centro.

Para acceder, debedes ir ao enlace "Galerías", logo "User Galleries", e finalmente facer click na foto que aparece do usuario "admin" e xa vos aparecerán os distintos álbumes.

Esperamos que vos gusten...

 

ALGO RARO PASA NESTE INSTITUTO...

Enviado por admin o Xov, 27/10/2011 - 05:16

Estamos comprobando que estes días algo estrano está a pasar no noso instituto...

PROXECTO RÍOS: Saída Río Pardiñas

Enviado por admin o Lun, 24/10/2011 - 05:03
00/00/
Array

No marco do PROXECTO RÍOS, o venres días 28 de outubro, e organizada polos profesores Ramón Erias e Catalina Romero, do departamento de Bioloxía e Xeoloxía do Instituto, desenvolveráse unha saída ao Río Pardiñas.

Esta actividade está dirixida ao alumnado de 2º de ESO, grupo A. A saída está prevista para as 11:00 horas, e a chegada ás 13:00 h.

MAGOSTO 2011

Enviado por admin o Lun, 24/10/2011 - 03:14
00/00/
Array

O vindeiro venres 28 de outurbro, entre as 11:00 h. e as 11:30 h., celebraremos o tradicional magosto.

Onde? No patio exterior traseiro do Instituto.

Contaremos coa colaboración especial dos alumnos do P.C.P.I.

Para poder disfrutar dunhas boas castañas pregamos que os/as alumnos/as aporten unha bolsa de castañas xa picadas. Poderán ser depositadas nunha caixa situada á carón da oficina.

Grazas.

Viaxe didáctica á FUNDACIÓN CAIXA GALICIA

Enviado por admin o Mar, 18/10/2011 - 10:44
00/00/
Array

Acompañados pola profesora Mariajo Fernández Gallego e o profesor Santiago Dans Sampedro, o vindeiro 25 de outubro, martes, o alumnado de 1º curso da E.S.O. efectuará unha visita didáctica á sede da Fundación Caixa Galicia.

A saída está programada para as 11:00 horas e a chegada ás 15:00 h.

PROGRAMA ARCE: VISITA A MADRID

Enviado por admin o Mar, 18/10/2011 - 10:38
00/00/
Array

Do 17 ao 21 de outubro, e dentro das actividades do programa ARCE, un grupo de alumnos/as acompañados/as polas profesoras Nuria Pena Figueruelo e Consuelo Otero Yáñez, realizarán unha visita didáctica a Madrid.

Cómpre lembrar que o proxecto no que estamos a colaborar leva o título de "A Auga como Tòpico de Estudo", e que se realiza xunto con outros centros educativos doutras partes de España. Nesta ocasión, os centros que intentan levar adiante este proxecto son de Guitiriz, Madrid e Tarifa.

En breve, disporedes de máis imaxes desta viaxe no menú GALERÍAS, nesta web, arriba á dereita.

CONFERENCIA INAUGURAL DO CURSO 2011-2012

Enviado por admin o Mar, 11/10/2011 - 07:15

O vindeiro venres, día 14 de outubro, ás 12:20 horas, no Salón de Actos do instituto o pintor XABIER CORREA CORREDOIRA ofrecerá unha charla que inaugurará de xeito oficial o curso 2011-2012. Esta charla está dirixida ao alumnado de 3º e 4º de ESO e 1º e 2º de BACHARELATO. Non faltedes!

ENGLISH NEWS !!!

Enviado por admin o Dom, 02/10/2011 - 16:28

 In the library you can find a new place for ENGLISH where you can find a selection of readers, games and magazines. We would like you to enjoy it!!. We are looking forward to your suggestions.

 

 

 

 

( categories: )

1ª Reunión dos pais/nais cos Titores/as dos seus fillos/as

Enviado por admin o Ven, 23/09/2011 - 03:55
00/00/
Array

Como é habitual, neste mes de outubro os/as profesores/as titores/as deste Centro reuniránse cos/as pais/nais dos seus grupos para un primeiro achegamento que pretendemos facilite os posteriores contactos entre uns e outros.

A data desta primeria reunión será o 18 de outubro, e o horario definitivo da dita reunión será comunicado por escrito e a través dos/as seus/súas fillos/as.

( categories: )

O NOSO CENTRO, PROTAGONISTA DUN VIDEO EXPLICATIVO

Enviado por admin o Xov, 26/05/2011 - 06:51

Como recordaredes, hai algúns meses que no noso centro se estivo grabando un vídeo que explica a estructura do Novo Bacharelato, dirixido aos estudantes que proveñen do estranxeiro. Ben, agora podedes disfrutar da interpretación das nosas grandes estrelas nesta mesma páxina.

ACCESO DESDE EL EXTRANJERO AL SISTEMA EDUCATIVO ESPAÑOL from Sergio Frade on Vimeo.

Distribuir contido