VISITA DIDÁCTICA A SANTIAGO DE COMPOSTELA

Enviado por admin o Mér, 06/03/2013 - 07:30
14/03/2013 08:30
14/03/2013 19:30
Etc/GMT+1

Organizada polo DEPARTAMENTO DE LINGUA CASTELÁ E LITERATURA, e acompañados polos/as profesor/as MÓNICA CAMPO, ANTONIO FRADE e ELENA HAZ, o alumnado de 1º de E.S.O., xunto co grupo de Diversificación Curricular de 3º de E.S.O. van realizar o vindeiro xoves día 14 de marzo unha visita didáctica a SANTIAGO DE COMPOSTELA.

Nesta visita, levaránse a cabo diversas actividades, que a continuación se sinalan:

 

1. Percorrido pola Catedral de Santiago e as súas cubertas.

2. Gravación dun programa de radio na Facultade de Xornalismo da Universidade de Santiago.

3. Xincana pétrea.

 

VISITA DIDÁCTICA A REGANOSA

Enviado por admin o Mér, 06/03/2013 - 07:20
14/03/2013 00:30
14/03/2013 13:45
Etc/GMT+1

Organizada polo departamento de TECNOLOXÍA, o vindeiro xoves día 14 de marzo, un grupo de alumnos/as do centro realizarán unha visita didáctica ás instalacións de REGANOSA, en Mugardos (A Coruña).

A saída do instituto será ás 8:30 horas, tendo prevista a chegada de volta ás 13:45.

Acudirán acompañados polo profesor JOSÉ ENGROBA.

VISITA DIDÁCTICA A A CAPELA

Enviado por admin o Xov, 21/02/2013 - 05:03
00/00/
Array

Acompañado polas profesoras Olga Aguiar e María Miragaya, o alumnado de 2º de ESO visitou o Museo de Xogos Tradicionais de A Capela.

Esta visita realizouse o venres 15 de febreiro. Sairon do instituto ás 8:30 h.  e retornaron ao centro ás 14:00 h., tras pasar unha xornada na que se combinan dun xeito entretido e didáctico aprendizaxe, respeto pola tradición e diversión.

 

 

PCPI II: FIN DO 1º CUADRIMESTRE

Enviado por admin o Xov, 21/02/2013 - 04:34

A Dirección e Profesorado do segundo curso do Programa de Cualificación Profesional Inicial queremos transmitir os nosos parabéns ao alumnado do mesmo por ter acadados os MODULOS OBRIGATORIOS, o que os habilita para o Acceso a Ciclos Medios da rama profesional de FABRICACIÓN MECÁNICA (Ciclo Medio de MECANIZADO e Ciclo Medio de SOLDADURA E CALDEREIRÍA).

Para nós é importante esta circunstancia, toda vez que supón un avance académico do noso alumnado e do seu grupo de referencia así como a consecución dun obxectivo común: a implementación do PCPI II no I.E.S. Poeta Díaz Castro.

Manteremos a petición de chegar a impartir o Ciclo Medio de SOLDADURA E CALDEREIRÍA, tan necesario para a procura do autoemprego na Comarca e para o que as nosas instalacións están preparadas.

A segunda parte dos estudos do PCPI II, supoñen a preparación para a obtención do Título de Graduado en E.S.O., que facultará aos/as alumnos/as que o obteñan o acceso a calquera Ciclo Medio ou Bacharelato. Esperamos que o noso alumnado acade bós resultados e poida seguir avanzando na súa formación.

( categories: )

CELEBRACIÓN DO ENTROIDO

Enviado por admin o Mér, 06/02/2013 - 09:32

O venres 8 de febreiro, entre as 12:00 h. e as 13:45 celebraremos o entroido co

 

GRAN CONCURSO DE DISFRACES

 

Requisitos para participar:

- Poderán participar todos os grupos que o desexen, tanto da E.S.O. como de BAC.

- Será necesario presentarse disfrazados e representar unha parodia coa correspondente canción ou tema musical.

 

Premios:

1º PREMIO:  50 €

2º PREMIO:  20 €

3º PREMIO:  10 €

Estes premios serán en consumicións na cafetería do I.E.S.

 

O Xurado estará formado por profesores/as, alumnos/as e persoal non docente.

 

NOTA: Os autobuses sairán ás 14:00 h., horario habitual de saída dos venres.

Suspensión da actividade docente o martes día 22 de xaneiro

Enviado por admin o Mar, 22/01/2013 - 10:09

 

Ante o aviso dun fenómeno meteorolóxico adverso por nevadas por parte da Axencia Estatal de Meteoroloxía e de Meteogalicia, e co fin de posibilitar o retorno do alumnado transportado ós seus fogares, a Direccion deste centro decidiu suspender as actividades docentes hoxe martes día 22 de xaneiro a partires das 11 h.

Para o mércores día 23 a previsión é que a actividade docente e o transporte escolar se desenvolvan con normalidade.

Non obstante, a Axencia Estatal de Meteoroloxía e Meteogalicia veñen de avisar ás 13:56 h.  dun fenómeno meteorolóxico adverso para mañá día 23 de xaneiro de 2013 por NEVADAS que afectarán ás zonas de adverso meteorolóxico da Montaña de Lugo e Montaña de Ourense, con acumulación de neve superior a 10 cm; e no Sur de Lugo, Sur de Ourense e Valdeorras, unha acumulación superior a 2 cm.

Ante a devandita situación de risco, a Secretría Xeral Técnica da Consellería de Cultura e Educación acordou para mañá, día 23 de xaneiro, o seguinte:

1. A suspensión da actividade docente e do transporte escolar nos centros escolares situados nas zonas de montaña de Lugo e montaña de Ourense (o que non afecta ó noso concello).

2. A non suspensión da actividade docente nin do transporte escolar nos centros escolares situados no resto das zonas afectadas, aconsellando un especial coidado no caso da realización de actividades no exterior das instalacións do centro extremando as condicións de circulación do transporte, con seguimento das condicións climáticas.

Tal e como se solicita dende a Secretaría Xeral, a direción do centro permanecerá atenta á información meteorolóxica facilitada pola páxina web do CAE 112 (www.axega112.org) e extremará a vixilancia das condicións meteorolóxicas existentes na zona de situación do noso centro escolar, por se as circunstancias da localidade chegaran a supoñer un risco superior ao declarado inicialmente.

Representación teatral de "L'Avare"

Enviado por admin o Mar, 18/12/2012 - 10:19

 

O mércores 5 de decembro, o alumnado de Francés, acompañados polas profesoras JACQUELINE LÓPEZ e BEGONIA IGLESIAS, disfrutaron en Lugo da representación da obra de teatro L'AVARE, de Molière.

Estamos seguros de que disfrutaron da mesma.

 

 

 

 

 

 

Visita a Vigo

Enviado por admin o Mar, 13/11/2012 - 08:33
00/00/
Array

 

O vindeiro venres 16 de novembro, acompañados/as polos/as profesores/as RAMÓN ERIAS VILAS e ANA SÁNCHEZ EXPÓSITO, un grupo de alumnos/as de diversos cursos desprazaránse a Vigo, onde visitarán o MUSEO DO MAR e a ESCOLA TÉCNICA SUPERIOR DE ENXEÑERÍA DE MINAS da Universidade de Vigo.

BÓTALLE UN OLLO ÁS FOTOS DA VIAXE.

Premio á Aula Mellor Coidada

Enviado por admin o Xov, 18/10/2012 - 08:22
00/00/
Array

Como premio polo coidado con que habitaron a súa aula durante o pasado curso 2011-2012, os alumnos/as que nese curso estiveron no grupo 1º de ESO A, farán unha pequena excursión a A Coruña o vindeiro martes día 23 de outubro de 2012.

Acompañados pola que foi a súa titora, a profesora de inglés Manu Balsa, sairán do instituto ás 9:20 h.  e teñen prevista a chegada de novo ao centro aproximadamente ás 14:45 horas.

AQUÍ ESTÁN ALGUNHAS FOTOS DESE DÍA

CAMBIOS NO SISTEMA EDUCATIVO

Enviado por admin o Mar, 16/10/2012 - 08:44
Distribuir contido