GRAN MAGOSTO

Enviado por admin o Mar, 19/11/2013 - 08:33
21/11/2013 11:30
21/11/2013 12:10
Etc/GMT+1

 

DÍA:

21 de novembro, xoves

 

LUGAR:

I.E.S. POETA DÍAZ CASTRO

(patio cuberto - parte traseira)

 

HORARIO:

De 11:30 a 12:10

 

 

NOTA IMPORTANTE: Prégase que todos os alumnos/as e profesores/as traian unha pequena bolsa de castañas xa picadas e as deixen na caixa que estará no hall de entrada do instituto. Grazas anticipadas.

Representación Teatral en Francés

Enviado por admin o Mar, 19/11/2013 - 08:22
19/11/2013 10:45
19/11/2013 15:00
Etc/GMT+1

 

O 19 de novembro, martes, o alumnado de Francés de 3º de ESO, xunto co de 4º máis o de 1º de Bacharelato, achegaránse a Lugo para asistir á representación teatral en francés da obra LE TARTUFFE, de Molière.

 

Sairán ás 10'45 do centro, para voltar ás 14'50, e estarán acompañados/as por ALFREDO TORRES BOUZA e JACQUELINE LÓPEZ GARCÍA.

 

 

PRESENTACIÓN CURSO 2013-2014

Enviado por admin o Mar, 10/09/2013 - 05:18

O vindeiro LUNS, 16 DE SETEMBRO, dará comezo o novo curso escolar.

 

Todo o alumnado deberá presentarse  ás 12:30 h. no centro, onde será rercibido por cadanseu/súa titor/a, e acompañado á súa aula.

 

Benvidos/as a todos/as!!

 

A LUS DO MUNDO acéndese en Guitiriz: XOSÉ MARÍA DIAZ CASTRO autor das Letras Galegas 2014!

Enviado por admin o Ven, 21/06/2013 - 15:06

Por fin!

A Real Academia Galega ven de decidir homenaxear no Día das Letras Galegas do vindeiro ano 2014 ao poeta que dá nome ao noso centro: XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO.

Gracias e parabéns a todos/as os/as que fixestes posible que este obxectivo fose acadado!!

VÉMONOS EN GUITIRIZ!!


Enlaces:

LA VOZ DE GALICIA

REAL ACADEMIA GALEGA

 

Presentación no ÁGORA

Enviado por admin o Mar, 11/06/2013 - 06:48
11/06/2013 00:48
11/06/2013 23:48
Etc/GMT+1

Seguindo coa tarefa de impulsar a figura de Xosé Mª Díaz Castro como candidato a protagonizar o Día das Letras Galegas do 2014, o martes 11 de xuño, ás 16:45, é presentado o documental A LUS DO MUNDO no Centro Cultural ÁGORA, en A Coruña.

Ata alí se desprazarán un grupo de profesores/as do centro, así como a directora do documental, Cristina de la Torre, e un grupo de alumnos/as que participaron en diversos aspectos da producción.

Tras a presentación, haberá un coloquio no que intentarán respostar ás dúbidas ou curiosidades que o público asistente lles queira transmitir.

Un paso máis! É dos primeiros dos moitos que nos quedan por dar ata lograr o noso obxectivo.

 

Reseña na prensa: LA VOZ DE GALICIA, 12 de xuño de 2013

Campións!

Enviado por admin o Mar, 11/06/2013 - 06:34

 

O equipo EQUIPOAGUSTÍN, do IES POETA DÍAZ CASTRO, e fomado polos alumnos

ÓSCAR LÓPEZ VÁZQUEZ

DAVID PENA ROCA

MARTÍN FERNÁNDEZ LOBEIRAS

coordenados polo profesor Eugenio Losada Vázquez conseguiron clasificarse no I Campeonato de España de modelado 3D de precisión con tu móvil como MELLOR EQUIPO DA PROVINCIA DE LUGO, ao obter o PREMIO D3MOBILE-DEPUTACIÓN DE LUGO no campeonato citado.


NORABOA A TODOS!


( categories: )

Guitiriz invadiu A Coruña

Enviado por admin o Mar, 11/06/2013 - 03:56

O día 10 de xuño, unha delegación do instituto acompañou a Alfonso Blanco Torrado, coordenador da Asociación Cultural XERMOLOS, á presentación na Real Academia Galega dos actos de conmemoración do centenario do nacemento do poeta que dá nome a este centro: Xosé María Díaz Castro.

Aquí podedes consultar a reseña no xornal: Información en "La Voz de Galicia"

E aquí podedes ver algunhas fotos do acto: Fotografías da presentación na R.A.G.

A ver se temos sorte e conseguimos entre todos que o vindeiro ano, o Día das Letras Galegas lle sexa adicado ao poeta guitiricense.

A música de A LUS DO MUNDO

Enviado por admin o Sáb, 08/06/2013 - 05:40

E se queredes ter á vosa disposición ás músicas que soan no documental A LUS DO MUNDO, aquí vos van os enlaces, para escoitalas ou descargalas:

Fotos da estrea de A LUS DO MUNDO

Enviado por admin o Sáb, 08/06/2013 - 05:20

Se queredes disfrutar das fotografías no photocall da estrea de A LUS DO MUNDO...

 

BOTADE UNHA OLLADA ÁS FOTOS!

Distribuir contido