INFORMACIÓN XERAL DO CURSO 2013-2014

Enviado por admin o Xov, 10/07/2014 - 19:07

Logo

Aquí vos presentamos a Introducción á Memoria Xeral Anual correspondente ao curso 2013-2014, na que podedes ver as actividades desenvolvidas (en liñas xerais), así como a estatística dos resultados académicos e a súa valoración.

Para acceder ao documento, segue o enlace de abaixo:

 

INFORME DE ACTIVIDADES E RESULTADOS

CURSO 2013-14

( categories: )

PAaU

Enviado por admin o Mar, 24/06/2014 - 16:03

Una vez realizadas e avaliadas as Probas de Acceso á Universidades, o alumnado do IES POETA DIAZ CASTRO presentado as mesmas conseguiu supera las na sua totalidade, é dicir, consigue un índice de aprobados do

 

100 %

 

NORABOA A/OS ALUMNAS/OS

AOS SEUS PAIS/NAIS

E A TODO O PROFESORADO!!!

( categories: )

Fotografía en Curso. Traballo conxunto entre Música e Plástica.

Enviado por nuriapena o Xov, 05/06/2014 - 05:55

 Aqui vos deixamos un enlace ao poema musicado por Sandra Tenreiro coas fotografías feitas polos nosos alumnos no proxecto Fotografía en Curso con Vari Caramés.

É unha preciosa fusión de fotografía, poesía e música. Esperamos que a disfrutedes.

 


( categories: )

Recepción na REAL ACADEMIA GALEGA

Enviado por admin o Mar, 20/05/2014 - 08:44
20/05/2014 00:44
20/05/2014 23:44
Etc/GMT+1

Hoxe, unha representación do alumnado de Guitiriz foi recibido na Real Academia Galega.

Ata A Coruña desplazáronse tamén todos os/as alumnos/as que van participar, xa pola tarde, na presentación no ÁGORA da curtametraxe elaborada este curso, OS CAMIÑOS ESQUENCIDOS.

E, ademáis, tamén o alumnado que forma parte do clube de lectura, acudiu, respondendo á previa invitación, a visitar aos seus compañeiros/as do clube de lectura do IES URBANO LUGRÍS...

En fin. Unha xornada, chea, chea, chea, de emocións e traballo...

OS CAMIÑOS ESQUENCIDOS

Enviado por admin o Mar, 20/05/2014 - 08:39

Por fin! Chegou o día! E agora, a seguir traballando...

Aquí está xa OS CAMIÑOS ESQUENCIDOS, a curtametrase feita no IES, có alumnado do IES, có profesorado do IES, con toda a comunidade educativa do IES, e baixo a maxistral dirección de CRISTINA DE LA TORRE.

Participación do alumnado no PORTAL DAS PALABRAS

Enviado por admin o Sáb, 10/05/2014 - 12:32

Podedes ver xa no PORTAL DAS PALABRAS (iniciativa da Real Academia Galega e a Fundación Barrié) a participación do alumnado na interpretación do vocabulario de NIMBOS.

Aqui tendes 3 videos:

- Unha análise de Penépole.

- Unha intervención de Alfonso sobre as palabras clave na vida do poeta.

- E as colaboracións do alumnado de 1º ESo e 1º e 2º Bach, falando do léxico de "Nimbos".

Este último o podedes ver aqui mesmo:

Moitas cousas na Biblioteca

Enviado por admin o Sáb, 10/05/2014 - 11:44

Moitas cousas que ver e facer na Biblioteca. Na marxe dereita desta mesma páxina tes uns enlaces ás actividades, ao catálogo e ao blogue da biblioteca.

Tamén invitámosche a que visites o seu canal en Youtube, no que están colgadas todas as aportacións audiovisuais que dende a Biblioteca do IES POETA DÍAZ CASTRO se levan feito.

Dálle unha volta!!

 

Como se fixo... III

Enviado por admin o Sáb, 10/05/2014 - 11:38

Terceira e derradeira entrega do "making off" da nosa próxima estrea: "Os camiños esquencidos".

Felicidades a todos e todas as que participaron e fixeron posible a elaboración, tanto do corto coma destes pequenos documentais no que se amosan imaxes inéditas e impresións dos participantes.

Podes velo no BLOGUE DA BIBLIOTECA, ou ben directamente aquí.

Como se fixo... II

Enviado por admin o Sáb, 10/05/2014 - 11:32

Segunda entrega do "Como se fixo", con imaxes inéditas, entrevistas aos participantes no proxeto, e moitas sorpresas.

Podedes velo accedendo ao BLOGUE DA BIBLIOTECA, ou ben directamente aquí.

"Vivir aquí": Guitiriz na TVG

Enviado por admin o Sáb, 10/05/2014 - 10:49

O sábado 10 de maio, ás 15:30 h., poderemos ver dentro do programa VIVIR AQUÍ da Televisión de Galicia (TVG), a reportaxe gravada no instituto, coa participación de alumnado e profesorado do centro.

 

Facendo camiño...

Distribuir contido