Rúa Xermade, s/n 27300 - Guitiriz Tel.: 982 87 03 42 Fax: 982 87 03 49 Correo electrónico: ies.diaz.castro@edu.xunta.es
Rúa Xermade, s/n 27300 - Guitiriz Tel.: 982 87 03 42 Fax: 982 87 03 49 Correo electrónico: ies.diaz.castro@edu.xunta.es
Iniciar sesión |
MERCADO SOLIDARIO DE NADALEnviado por susana.vazquez.r o Xov, 17/11/2022 - 08:43
17/11/2022 13:35
Atlantic/Bermuda
Imaxe de Gerd Altmann en Pixabay
Por segundo ano consecutivo seguimos coa intención de celebrar un mercado solidario no que dar unha segunda vida a pertenzas que xa non nos resultan imprescindibles. Cremos que o Nadal é un momento óptimo para aprender a elixir un regalo diferente, menos custoso pero non por iso con menor valor... Imos combinar unha e outra idea e, durante este mes de novembro, recolleremos aquelas cousiñas (en bo uso) que desexedes, cos vosos fillos e fillas, ceder para este fin. Aquí revisaremos que están en condicións de ser integradas no mercado e porémolas á disposición do alumnado o día 9 de decembro. Como en ocasións anteriores, a entrega de cada artigo trocarase por un vale co que poder participar no mercado, e os excedentes serán doados aos servizos sociais. Por favor, participade, imos revolucionar a nosa idea de consumo e reutilizar roupa, libros, complementos, xoguetes, aparellos... Somos comunidade!
( categories: )
|
Eventos
|