blogue deasancheze

Premios Nobel de Física e de Química 2013

Enviado por asancheze o Dom, 20/10/2013 - 14:07

            A Real Academia de Ciencias de Suecia otorgou o Premio Nobel de Física 2013 ao británico Peter Higgs e ao belga François Englert, mentres que o de Química recaeu en mans do austríaco Martin Kaplus, do británico Michael Levitt e do israelí AriehWarshel.  

            Os dous primeiros, de 84 e 80 años de idade respectivamente, foron os responsables principais no achádego do bosón de Higgs, tamén coñecido como a “partícula de Deus”, unha partícula subatómica que explica a orixe da masa, e como consecuencia, da existencia mesma do Universo tal e como o coñecemos.

            Estes argumentos foron utilizados polo comité Nobel para xustificar o outorgamento do premio a estes célebres físicos, quenes expresaron que esperan que o recoñecimento axude a xerar consciencia sobre a importancia da investigación imaxinativa.

            Se ben a existencia do bosón de Higgs foi formulada teoricamente en 1964, foi en xullo do ano pasado cando se confirmou a súa existencia grazas ás investigacións que se realizaron no Gran Colisionador de Hadróns (LHC), o acelerador de partículas máis grande do mundo, situado baixo terra, na fronteira entre Suiza e Francia.

            Doutra banda, os científicos Martin Kaplus, Michael Levitt e AriehWarshel compartirán 1,2 millóns de dólares cos que está dotado o Premio Nobel de Química 2013.  Segundo a academia, a súa labor destaca polo desenvolvemento de modelos multiescala para sistemas químicos complexos. Na década de 1970 os investigadores premiados sentaron as bases dos potentes programas que son usados para comprender e predicir procesos químicos, uns modelos informáticos que replican a vida real e que se converteron nun dos avances máis cruciais para a Química actual. 

              Os premios serán entregados nunha cerimonia que se realizará o próximo 10 de decembro coincidindo co aniversario do pasamento do seu precursor, Alfred Nobel.

 

Fuente: Universia Chile

( categories: )

Química e xoias

Enviado por asancheze o Dom, 20/10/2013 - 08:29

A que non sabiades que a Química inflúe tanto nas nosas vidas, que incluso podedes atopar fórmulas desenvolvidas de compostos orgánicos en xoiaría? Fixádevos.

 

Xoias para regalar nunha ocasión especial.

Pendentes coas bases da vida, o ADN e o ARN: adenina, timina, citosina, guanina e uracilo.

 

 

Aquí, un colgante de Serotonina, un aminoácido que induce ao sono, á felicidade, á relaxación e á satisfacción.



Collido de http://cosasdequimicos.blogspot.com.es/2011/05/quimica-y-joyeria.html#.UmPIWPnWOL-

( categories: )
Distribuir contido