portada30

Charla para pais "Os perigos de Internet e as redes sociais"

O vindeiro 28 de marzo de marzo ás 19:00 horas haberá no Salón de Actos do Instituto unha charla ofrecida pola Policia Nacional para pais, nais e profesorado sobre "Os perigos de Internet e as redes sociais" e "Os secuestros virtuais".

Dita actividade está dentro do programa "Director para a convivencia e mellora da Seguridade" do Ministerio do Interior e será impartida por Don JOSÉ GONZÁLEZ PÉRTEGA, Delegado de Participación Ciudadana, Comisaria do corpo Nacional de Policia de Santiago

 

 

Terceiro Concurso Fotográfico do IES de Sar

 ANPA do IES de Sar convoca este terceiro concurso de fotografía co tema "Soños" .O obxectivo é que o alumnado participante reflexe “aquilo que soña, imaxina e desexa facer realidade. As súas aspiracións e metas”.

As bases do concurso poderán consultarse no seguinte enlace

 

Para ampliar a imaxe premer sobre ela

 

 

Mesa Redonda da USC,UDV,UDC

Actividade "Math and Arts"

Coordinado polo Departamento de Física e Química, e dentro dás accións pertencentes ao Proxecto Kids Inspire Kids for STEAM (Proxecto Europeo Marco Erasmus +), alumnado de 4º ESO levou a cabo a activididade "Math and Arts" proposta polo centro finés Laukaa School que tamén participa neste proxecto.

Desenvolvida neste segundo trimestre, esta actividade tivo como obxectivo a construción dun corpo xeométrico que é a base de moitos balóns de fútbol usando material enviado polo centro de Finlandia.

Ademais dos beneficios curriculares que toda acción colaborativa implica, aproveitouse a tarefa para introducir algúns parámetros e cálculos matemáticos de interese.

Esta actividade contou coa colaboración do profesorado do Departamento de Matemáticas para este nivel, Pilar Figueroa e Tomás Corona.

 

Teatro filosófico "Té con Kant

O luns 6 de marzo o alumnado de 1º Bach A,B e C asistiron ó teatro filosófico "Té con Kant" no paraninfo da Facultade de Historia. Sairon ás 11:30 horas e voltaron ás 14:30.

Actividades Equipo de Normalización

Durante o mes de Febreiro o Equipo de Dinamización Lingüística sumouse a  diferentes celebracións.

  • Día da Muller e a Nena na Ciencia

  • Inicio do Ano Pondal

  • Día do 180 aniversario do nacemento de Rosalía

  • Día dos namorados

  • Día da Paz

Reserva de praza curso 2017/2018

No seguinte enlace poderá consultarse a listaxe definitiva de alumnado procedente de centros adscritos, reserva de praza para o curso 2017/2018

 

No coraçao (furado) da fera (bestiario: devir anómalo devir animal)

Durante o día 24 de febreiro  e en diveros espazos  do centro terá lugar a actividade de Entroido organizada polo departamento de Filosofía e na que actúan grupos de 1º e 2º bacharelato, 4º e 3º ESO (alumnado de valores éticos). A actividade comenzará as 11:45 horas e rematará ás 14:25

Proxecto Voz Natura

O alumnado de Cultura Científica de 4º ESO e 1º Bacharelato, e o alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 2º Bacharelato sairán o vindeiro 20 de febreiro dende as 8:50 ata as 12:30 horas polo barrio de Sar.

Mesa redonda USC,UDV,UDC

O vindeiro 10 de marzo o departamento de orientación organiza unha mesa redonda con representación de membros das tres universidades galegas, Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo e Universidade da Coruña. Terá lugar no Salón de actos do centro dende as 10:50 a12:30 horas

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer