portada30

Encontro Literario

O vindeiro venres 29 de marzo, o alumnado de 4º ESO asistirá a un "Encontro Literario" na Librería Couceiro. Sairán ás 10:30 horas e voltarán ás 12:30.

Gañadora do Certamen Ciceronianum 2019

A alumna Carmen Varela Seoane, do IES de Sar, foi gañadora do "Certamen Ciceronianum" na Sección de Galicia e pasará, polo tanto, a concursar na fase estatal.  A comunidade educativa do IES de Sar dalle os parabéns  á gañadora e ao seu profesor José Manuel Blanco Roo.

Enlace á noticia no  Correo Galego

Xornalismo na Escola

Hoxe martes 26 de marzo, nas sesións da tarde,  tivo lugar no Salón de Actos, un obradoiro impartido polo Colexio de Xornalistas de Galicia, "Xornalismo na Escola" para o alumnado de 4º ESO.

"Conferencia informativa "Escolas superiores"

Os departamentos de Orientación e Debuxo organizan  o día xoves 4 de abril, de 10:50 a 12:30 horas, no salón de actos para o alumnado de 1º e 2º de Artes, unha conferencia informativa sobre as Escolas Superiores:

  • Mestre Mateo (Santiago)
  • Pablo Picasso (A Coruña)
  • Restauración (Pontevedra)
  • Arte Dramático (Vigo)

Hands on Physics- Masterclass

Alumnado de Física de 2º Bacharelato do noso centro participa o venres  5 de abril de 2015 na actividade "HANDS ON PHYSICS - MasterClass" organizada polo Departamento de Física de Partículas da Facultade de Física (USC), coordinada polo Departamento de Física e Química do IES de Sar.
 

 

Proxección de "Le Petit Prince"

O vindeiro mércores 10 de abril,  dende as 9:40 a 12:15 horas, os grupos de 1º ESO e 2º ESO irán ó Cinema Numax a unha proxección de Mark Osborne, "Le pettit prince".

Visita ó CITIUS

O alumnado de 2º ESO visitará o vindeiro venres 15 de marzo  o CITIUS. Sairán as 9:50 e regrasarán as 12:30 horas.

Camiño sen límites

A federación provicial de ANPAS da Coruña , organiza a actividade "Camiño sen límites" para o día 9 marzo. Para consultar toda a información premer aquí

Entroido 2019: "E moiro-me d´Amor"

O venres 1 de marzo, en diferentes espazos do centro, os departamentos de Filosofía e Música organizan o entroido "E moiro-me d´Amor". Nesta actividade colaboran  alumnos e alumnas de todos os cursos menos 1º ESO e participará todo o alumnado do centro. Será dende as 11:30 a 14:00 horas

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer