portada30

Admisióm alumnado curso 21_22

Dende o día de hoxe, pódese consultar presencialmente a listaxe provisional de alumnado admitido e excluído para o vindeiro curso académico 2021/2022 no taboleiro de anuncios situado no interior do centro escolar.

De forma non presencial, pódese consultar a través de aplicación admisión alumnado, empregando a chave 365 ou certificado dixital da Fábrica Naciona de Moeda e Timbre.

Cumprindo as normas vixentes en materia de protección de datos persoais, NON se poderá consultar por ningún outro medio físico ou electrónico, nin se poderá dar información telefónica.

A dirección,

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer