FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Novas
Graduación 2.º bacharelato, promoción 2018-2020
Enviado por admin o Mér, 10/06/2020 - 13:37
As circunstacias especiais deste curso obrigaron a converter o trámite de entrega de notas nun simple acto de despedida dos novos titulados de bacharelato. Parabéns aos flamantes bachareis que enfrontan unha nova etapa nas súas vidas. Tamén houbo un recoñecemento ao profesorado que os acompañou en toda a súa traxectoria escolar, representados nos últimos titores Ofelia Lubián e Telmo de Paz. O noso agradecemento, igualmente, para todas as familias que nos confiaron unha parte importante da educación dos seus fillos e fillas.
Salientamos a mención das dúas matrículas de honra a María Manuela Pérez Coira e Iria Fernández Fornos nas modalidades de bacharelato de humanidades e ciencias sociais, respectivamente.
Para a lembranza futura deste ano: ánimo e saúde!!!
Horarios de regreso ás clases a partir do 25 de maio (2.º de bacharelato)
Enviado por admin o Sáb, 23/05/2020 - 14:05Regreso á actividade lectiva presencial do alumnado de 2.º Bacheralato
Enviado por admin o Xov, 21/05/2020 - 19:12Estimadas familias:
Unha das medidas xa anunciadas oficialmente, no caso de pasarmos á Fase 2, é a reapertura dos centros educativos. Isto significa o retorno á actividade lectiva presencial, con carácter voluntario para o alumnado de segundo curso de Bacharelato.
Gustaríanos salientar precisamente o carácter voluntario para o alumnado e as familias que decidan enviar os seus fillos/as ao instituto. O único caso no que está expresamente prohibido a incorporación ás aulas é precisamente o das persoas con síntomas compatibles con covid-19 ou que estean en illamento domiciliario por este motivo.
Para tomar a súa decisión transmitímoslle a seguinte información relativa ás medidas de seguridade e protocolo de medidas de prevención.
O IES de Mugardos abrirá as súas portas para a docencia presencial unicamente ao alumnado de 2.º bacharelato entre o 25 de maio e o 8 de xuño. O 9 de xuño realizarase a sesión de avaliación docente; o 10 de xuño publicaranse en AbalarMóbiles e entregaranse no centro os boletíns de notas co seguinte período de reclamacións e matrícula na ABAU, de ser o caso. E como xa se vén facendo en cursos anteriores, a seguinte semana impartiránse clases preparatorias para probas de acceso á universidade.
No momento de escribir esta circular temos a noticia de que non haberá transporte escolar. Cremos que é un asunto importante e intentaremos informar antes da fin de semana se se autoriza este servizo.
O profesorado cumprirá o seu número de horas semanais, coas excepcións contempladas legalmente para as persoa vulnerables e en situación de risco.
Por razóns de desdobramento de grupos e reducir o número de alumnos/as por aula e mellor cumprimento das medidas de protección, os horarios lectivos serán adaptados. Pode atopar un exemplo provisional para o primeiro día no documento achegado.
En nome do conxunto do claustro de profesores/as transmítolles que nos gustaría contar coa asistencia do maior número de alumnos/as posibles. A dirección do IES de Mugardos cre que é recomendable esta volta ás aulas coas garantías das medidas de hixiene, seguridade e protección que resumimos de seguido.
Atentamente,
____________________________
Medidas de hixiene, seguridade e protección
Terceiro trimestre do curso académico 2019/2020
Enviado por admin o Ven, 01/05/2020 - 14:31A Consellería vén de publicar o 27 de abril as Instrucións para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/2020. Recollense neste documento as directrices xerais e específicas por ensinanzas para os centros docentes, que neste momento estamos suxeitos ás recomendacións sanitarias.
En canto ao ámbito educativo estas son algunhas das principais instrucións:
CALENDARIO
- As actividades lectivas rematarán o 19 de xuño. A partir desta data publicaranse as cualificacións finais da avaliación ordinaria de xuño. Lembramos que segue a exitir a convocatoria extraordinaria de setembro.
- A avaliación ordinaria de 2.º bacharelato deberá realizarse antes do 9 de xuño. Publicaremos proximamente a data de entrega de notas, prazos de reclamacións e procedemento de matrícula na ABAU.
ADAPTACIÓN DAS ACTIVIDADES E PROGRAMACIÓNS
- Adaptaremos o labor docente, as titorías e a orientación educativa á situación de crise sanitaria e suspensión das clases presenciais.
- Cos medios telemáticos dispoñibles, desenvolveremos as actividades de recuperación, repaso, reforzo e ampliación das aprendizaxes anteriores que resulten necesarias.
- Con estas actividades, o alumnado terá a oportunidade de superar ou subir a cualificación nas materias xa avaliadas nos dous primeiros trimestres do curso.
- Adaptaremos as programacións didácticas de todas as materias e ámbitos, incluíndo o procedemento para o cálculo da cualificación final que se consignará na avaliación ordinaria.
- Este documento publicarase na páxina web do instituto a partir do 13 de maio e informarase, asemade, ao alumnado e ás súas familias.
- Para a superación das materias pendentes tamén se realizarán actividades de seguimento e recuperación. De ser necesario, poderase convocar unha proba telemática ou realización de traballos. As datas e procedementos figurarán no documento anterior.
AVALIACIÓN
- A avaliación das actividades realizadas na fase non presencial só poderá ter valor positivo para a cualificación do alumnado.
- A avaliación final considerá en conxunto as actividades de todo o curso. Realizarase sobre as aprendizaxes desenvolvidas nos dous primeiros trimestres e mais nas actividades de recuperación, repaso, reforzo e ampliación deste terceiro trimestre sempre e cando se beneficie ao alumnado.
- Os equipos docentes poderán adoptar as decisións colexiadas de promoción e titulación tanto na convocatoria ordinaria de xuño como na extraordinaria de setembro. A repetición considerarase unha medida de carácter excepcional que tamén se adoptará de maneira colexiada.
- Emitiremos un informe final individual valorativo do traballo de cada alumno/a para ter sido en conta o vindeiro curso.
ESPECIAL DÍA DO LIBRO
Enviado por olga.mcabalar o Xov, 23/04/2020 - 13:14Neste mundo actualmente ameazado por un virus, hai moitísima xente que leva dentro outro virus, o da lectura, para o cal non hai que atopar vacina ningunha.
Correo do profesorado para a atención a pais e nais
Enviado por admin o Lun, 13/04/2020 - 14:34Para o cumprimento da atención ás familias e a realización de consultas co profesorado, facilitamos a busca dos correos electrónicos do cadro docente. Asemade, infomamos do novo teléfono móbil do IES de Mugardos.
CADRO DOCENTE
|
Circular de centro (15 de marzo, 2020)
Enviado por admin o Lun, 16/03/2020 - 01:15
CIRCULAR DO CENTRO Estimadas familias: Como ben sabemos todos e todas, a actividade lectiva presencial estará suspendida nas próximas semanas. Pola nosa banda continuaremos cos actos e procedementos académicos que os medios informáticos nolo permitan.
En primeiro lugar, a avaliación e entrega de notas. Os docentes cualificarán cos intrumentos de avaliación empregados ao longo do trimestre, ata o 13 de marzo. No caso de que ese último día faltase algunha proba ou tarefa, esa parte da nota ficará pendente ata o regreso ás aulas. Do mesmo xeito, adíase a avaliación de materias pendentes de cursos anteriores.
As cualificacións publicaranse exclusivamente por vía informática na aplicación AbalarMóbiles o mércores, 18 de marzo. En canto ás actividades lectivas procederemos resumidamente así: 1.º e 2.º ESO atopará os libros dixitais e materiais didácticos na plataforma EDIXGAL. Para o resto dos niveis educativos atoparedes nesta mesma páxina as ligazóns á Aula Virtual, Classroom e outros medios ou blog empregados por cada profesor/a. Non dubidedes en realizar calquera consulta no correo Saúde. |
|
Publicado o 15 de marzo, ás 20:30 horas |
DOCUMENTOS INFORMATIVOS (Curso 2019-2020)
Enviado por admin o Dom, 08/03/2020 - 21:55
Comunicación da folga estudantil prevista para o 6 de marzoEnviado por admin o Mar, 03/03/2020 - 22:16Comeza a segunda edición de PILABOTEnviado por admin o Lun, 13/01/2020 - 21:35
Entrega da recollida de alimentos a CáritasEnviado por admin o Lun, 23/12/2019 - 19:09Grazas á xenerosa colaboración da comunidade educativa, este ano realizamos dúas entregas de alimentos non perecedeiros a Cáritas Parroquial de Mugardos. Grazas. Estrea das curtametraxes de Vidas MariñeirasEnviado por Anónimo o Sáb, 21/12/2019 - 22:27
Este xoves estrearonse no teatro Jofre de Ferrol as cinco curtametraxes gravadas ao abeiro do proxecto Vidas Mariñeiras organizado pola entidade Galp Golfo Ártabro Norte. Entre os traballos audiovisuais figura "Genoveva é nome de barco" gravado polo alumnado de 4.º ESO B e o profesor Miguel Gil, coa dirección da profesional Cristina de la Torre. Os propios alumnos dos centros realizaron a presentación das súas curtametraxes. Os nosos representantes foron Adrián Vilar e Paola Alonso. A familia de Paola é precisamente a grande protagonista de "Genoveva é nome de barco".
Concurso de ViaxeEnviado por admin o Sáb, 21/12/2019 - 14:01 A Biblioteca e o EDL convocaron o concurso dirixido a todo o alumnadoe enlazando co tema xeral proposto para traballar no centro, as viaxes, e contando coa colaboración de boa parte do claustro do centro, propoñemos unha viaxe polas viaxes do profesorado. Este venres coñecemos as gañadoras. As alumnas que acadaron un maior número de acertos no concurso foron: Xoana Pérez (1º Bach A), e Lucía Seijo e Iago Vázquez (1º Bach B). Aínda que non só os maiores acadaron bos resultados. Queremos felicitar polo seu gran número de acertos a Clara Teijeiro López (2º ESO A). Recollida de tapónsEnviado por admin o Ven, 20/12/2019 - 00:20
A presidenta de AS.PA.NE.MI, Montse Fraga, recolleu esta mañá os sacos de tapóns que ao longo do curso fomos recollendo na entrada do instituto. O alumando de 1.º ESO escoitou as palabras de agradecemento e invitación a continuarmos coa campaña. Como en ocasións anteriores a recadación irá destinada á campaña de Alba, la promesa. Desde aquí enviámoslles un afectuoso saúdo a Alba e a súa familia... xunto con algúns quiliños de tapóns cos nosos mellores desexos. Campaña de Nadal para o Banco de Alimentos (Cáritas Mugardos)Enviado por admin o Ven, 13/12/2019 - 16:00
Un ano máis está en marcha a recollida de alimentos non perecedeiros con destino a Cáritas-Mugardos.
Folga do profesorado (12 de decembro)Enviado por admin o Mér, 11/12/2019 - 22:48Mañá, xoves 12 de decembro, está convocada unha folga do persoal docente no ensino público non universitario galego. O centro vai garantir a atención a todo o alumnado que acuda ao instituto a través dos servizos mínimos estipulados pola Consellería de Educación, aínda que o seguimento da folga pode afectar aos horarios das distintas sesións. A folga foi convocada por todos os sindicatos con representación na Mesa Sectorial (por orde de representación: CIG-Ensino, CCOO, ANPE, FETE-UXT, STEG, CSIF). Final e entrega dos premios do XXII Campionato de Polinomios (venres, 22 de novembro)Enviado por admin o Mér, 20/11/2019 - 21:52Autorización programas REFORZA-T (1.º, 2.º ESO, FPB) e PREMAT (3.º e 4.º ESO)Enviado por admin o Mér, 30/10/2019 - 20:23Lección inaugural (ESO): Monitoras do Centro do CaldovalEnviado por admin o Mér, 18/09/2019 - 21:28As monitoras do Centro de Interpretación do Xacemento do Caldoval, Vero e Sara, impartiron este luns a lección inaugural para o alumnado da ESO. Transmitiron a importancia do coñecemento da cultura latina en contacto cos pobos castrexos para comprendermos as nosas orixes. Achegaron tamén as características especiais dos restos conservados en Mugardos centrados no mundo das termas e os deportes. Por último, formularon aos estudantes o misterio da estrutura cónica única en Mugardos e da que non se coñecen noticias da súa existencia noutras partes da romania. Queda no aire a pregunta: cal era a súa utilidade? Formula a túa hipótese.
VIII PREMIO ESTUDO E DEPORTEEnviado por admin o Sáb, 29/06/2019 - 12:00
GALA DE ENtREGA DOS PREMIOS E MENCIÓNS Venres, 21 de xuño
MIGUEL SEOANE, da Agrupación de Montaña e Escalada Bestarruza MIKEL PASABANT, deportista galego de alto nivel (vela)
1.º Premio Plan Proxecta Apuntámonos a non beberEnviado por admin o Xov, 13/06/2019 - 17:43
|