![]() |
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS |
FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Novas
Comunicación de casos covid 19 (3 de marzo)
Enviado por admin o Mér, 03/03/2021 - 21:39
Comunicamos que hoxe, 3 de mazo, confirmáronse 2casos positivos no centro educativo ao que acode o seu fillo ou a súa filla.
Unha vez máis, agradecémoslles a súa colaboración para que ningún membro da comunidade educativa aisista presencialmente ao instituto no caso de manifestar algún síntoma compatible coa covid19.
Cuestionario de autoavaliación: https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/enquisa_de_autoavaliacion.pdf
Búscanse humoristas
Enviado por admin o Xov, 04/02/2021 - 13:19Catálogo de arranxos florais para San Valentín
Enviado por admin o Mar, 02/02/2021 - 17:58Realiza a túa encarga xa!!!
05 Circular caso covid (20 de xaneiro)
Enviado por admin o Mér, 20/01/2021 - 23:02
04 Circular caso covid (15 de xaneiro)
Enviado por admin o Ven, 15/01/2021 - 20:0822 de decembro: entrega de notas (mañá) e simulación de ensino non presencial (tarde)
Enviado por admin o Lun, 21/12/2020 - 12:53Estimadas familias:
Mañá martes, 22 de decembro, remata a actividade lectiva deste ano. Como fin do trimestre entregaránselle ao alumnado pola mañá os boletíns de notas e publicaranse máis tarde, asemade, na aplicación AbalarMóbiles.
Por outra banda, para as sesións lectivas da tarde dese día, realizaremos unha simulación de ensino non presencial. No documento achegado pode consultar as indicacións da actividade.
Entre as medidas contempladas no Plan de Continxencia, figura explicitamente a comunicación á comunidade educativa das medidas adoptadas para continuar co ensino non presencial no caso de peches de aulas ou de todo o centro. Neste suposto, a actividade lectiva manteríase nun horario semellante ao presencial, pero adaptado aos medios telemáticos a través de ferramentas dixitais: videoconferencia e aulas virtuais. Na mesma páxina web do instituto poderá atopar estes “horarios espello” por grupos e niveis.
Por último, informamos que o venres 8 de xaneiro está autorizado como día non lectivo do centro. Daquela, as vacacións de Nadal para a IES de Mugardos abranguerán ata o día 11 de xaneiro.
Boas Festas e Mellor 2021.
03 Circular caso covid (20 de novembro)
Enviado por admin o Ven, 20/11/2020 - 14:3102 Circular caso covid (6 de novembro)
Enviado por admin o Ven, 06/11/2020 - 11:41A dirección do IES de Mugardos comunícalles ás familias que ata o día de hoxe, 6 de novembro, están confirmados dous casos da Covid-19.
Na circular informativa acharán a información necesaria.
01 Circular caso covid (3 de novembro)
Enviado por admin o Mar, 03/11/2020 - 15:02A dirección do IES de Mugardos comunícalles ás familias que hoxe, 3 de novembro, confirmouse un caso da Covid-19.
Na circular informativa acharán a información necesaria.
Comezo da actividade lectiva
Enviado por admin o Lun, 14/09/2020 - 18:02A incorporación ás aulas será gradual. Estas son as datas e horario de comezo das clases por niveis:
-
GRUPOS
DÍA E HORA
Observacións
Circular 01
1.º ESO
2.º ESO
1.º Bacharelato
Mércores, 23 de setembro
12:30 -14:25 horas
- Obrigatorio o uso de máscara e traer recambio.
- Funcionará transporte escolar para as horas de incorporación nas paradas habituais.
- Traer material de apuntamento propio (papel e boli).
- Cada grupo comezará o día sinalado e asistirá ao día seguinte desde primeira hora.
- O alumnado de 1.º e 2.º ESO non debe traer teléfono móbil ao instituto.
- Os familiares e acompañantes non poden entrar no recinto escolar.
3.º ESO
2.º Bacharelato
Xoves, 24 de setembro
8:45 - 14:25 horas
4.º ESO
FP Básica I e II
Venres, 25 de setembro
8:45 – 14:25 horas
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »
