Skip to Content

olimpiada

Olimpiada de Bioloxía 2024

O pasado venres 23 de febreiro o noso alumno de 2º de Bacharelato Juan González Seijas participou na fase presencial da Olimpiada de Bioloxía, que tivo lugar na Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo, tras ter superado a fase previa online.

Durante a xornada, ademáis de realizar un exame teórico e diversas actividades prácticas, asistiu a unha conferencia sobre o Anisakis impartida polo profesor da Facultade o Dr Raúl Iglesias Blanco.

Parabéns pola superación da fase previa e polo bo aproveitamento da xornada!

                                                 

Participación na Olimpiada de Bioloxía 2023

O pasado venres 17 de Febreiro Nicolás López Méndez, alumno de 2º de Bacharelato, participou na Olimpiada de Bioloxía que tivo lugar na Facultade de Bioloxía da USC. Durante a xornada realizou unha proba teórica e outra práctica, e asistiu á conferencia La genética en el museo del Prado", impartida polo catedrático de Xenética da USC Gonzalo Álvarez Jurado.

 Olimpiada Bioloxía

Olimpiada de Bioloxía

O pasado venres 12 de Xaneiro os alumnos do centro Marcos Ínsua e Laura Ramos participaron na fase galega da Olimpiada de Bioloxía, que tivo lugar na Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo. Ao longo desta xornada realizaron distintas probas, tanto escritas como prácticas, e tiveron ocasión de compartir experiencias con alumnos de toda Galicia.

Olimpiada de Bioloxía

O pasado día 15 de xaneiro as alumnas de 2º de Bacharelato: Arina Coretchi, Alicia González e Tatiana Veiga, participaron na Olimpiada de Bioloxía que se celebrou na Facultade de Ciencias da UDC.

olimpiada

Distribuir contido


by Dr. Radut