Skip to Content

Oferta educativa

Taller de análise de datos

O día 21 de decembro tivo lugar a terceira e última sesión do taller de análise de datos para o alumnado que cursa Stembach no IES David Buján. O taller foi impartido por Francisco Javier Bellas Bouza, catedrático da UDC que desenvolve a súa actividade na área da ciencia da computación e intelixencia artificial.

Durante as tres sesións do taller, o noso alumnado recibiu formación en ámbitos tan interesantes como a ciencia de datos, as redes neuronais artificias e a aprendizaxe automática ou machine learnig. O enfoque do taller foi moi práctico, de xeito que o propio alumnado tivo que descargar os datasets de repositorios de datos públicos para posteriormente procesalos co software Knime.

Agradecemos a Fran a súa disposición para adaptarse ao noso calendario e para desprazarse ata o noso centro, así como a súa fenomenal capacidade para transmitir coñecementos de xeito ameno ao tempo que rigoroso.

Con este taller complétase o total de vinte horas de actividades complementarias de formación que debe realizar o alumnado fóra do horario ordinario de docencia directa.

Ciclo de charlas "Os laberintos do cerebro"

O alumnado que cursa o Stembach no IES David Buján asistiu durante o primeiro trimestre do curso a tres charlas do ciclo "Os laberintos do cerebro" que organiza o Muncyt na súa sede da Coruña. Cómpre destacar o extraordinario nivel das persoas poñentes, todas elas cunha grande experiencia en distintos aspectos do cerebro e tamén cunhas dotes marabillosas para a divulgación.

As conferencias ás que asistiu o noso alumnado recóllense nesta lista:

Ademais das conferencias do ciclo "Os labirintos do cerebro", o alumnado do Stembach tamén asistiu ás charlas breves que tiveron lugar o 29 de novembro no Muncyt con motivo da Noite Galega das Persoas Investigadoras.

Todas estas actividades forman parte das actividades complementarias de formación que debe realizar o alumnado fóra do horario ordinario de docencia directa.

Materias non impartidas no curso 2023/2024

Neste documento inclúese a relación das materias que non se van impartir no curso 2023/2024 por non reuniren a cantidade mínima de alumnado matriculado.

Oferta Educativa

Oferta educativa

 

O Instituto de Educación Secundaria David Buján, situado no concello de Cambre (A Coruña), é un centro público que forma parte da rede escolar da consellería de Educación da Xunta de Galicia.

O instituto dá servizos educativos ao alumnado do concello de Cambre e, excepcionalmente, núcleos de poboación doutros concellos limítrofes (Carral, Culleredo, Oleiros, Abegondo).

O noso centro ofrece ensinanzas de:

    • ESO (Educación Secundaria Obrigatoria): 1º, 2º, 3º, 4º

    • Bacharelato: 1º, 2º

Conta con medios e instalacións adecuadas para un ensino de calidade.

 
Distribuir contido


by Dr. Radut