Skip to Content

Visita ó IES Punta Candieira de Cedeira

Unha das moitas formas nas que o profesorado do centro busca seguir formándose e mellorar a súa práctica docente é participando no programa Observa_Acción. Confiando en que temos moito que aprender uns dos outros, no mes de decembro atrevémonos a entrar nas clases dos nosos compañeiros e compañeiras para tomar boa nota das súas estratexias metodolóxicas do día a día.

Desenvolvendo agora a segunda fase do programa, este 7 de marzo visitamos o IES Punta Candieira de Cedeira. Alí tivemos ocasión tanto de asistir ás clases da mañá, como de coñecer sobre o terreo a súa forma de desenvolver os proxectos de centro (biblioteca, radio, convivencia, igualdade). Foi unha visita moi proveitosa da que chegamos cargados de agradecemento pola súa xenerosidade á hora de abrirnos as portas e de novas ideas que nos axuden a acadar os obxectivos do noso centro.

O próximo mércores 13 de marzo tocaranos a nós facer de anfitrións, agardámosvos!

 



page | by Dr. Radut