Skip to Content

Probas de nivel en linguas estranxeiras curso 22/23

A Consellería de Educación vén de publicar a “Resolución do 10 de xuño de 2022, da Dirección xeral de ordenación e innovación educativa pola que se regula a xestión de probas de nivel lingüístico para o alumnado que curse estudos durante o curso 2022-2023”.

(http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/resolucion_acreditacion_linguistica_centros_publicos.pdf)

 RESUMO DA CONVOCATORIA: 

  1. O obxectivo das probas é acreditar a competencia en lingua estranxeira do alumnado, nos niveis de competencia B1, B2 ou C1.
  2. O alumnado decidirá o nivel ao que se presentará coa orientación do profesorado.
  3. As probas realizaranse durante o curso 2022/2023.
  4. As probas están destinadas a alumnado de 4º ESO, bacharelato e ciclos de FP.
  5. As familias interesadas deberán asinar un compromiso individual do alumnado/familias de presentación ás probas que custodiará o centro.
  6. O alumnado poderá matricularse nunha única proba de lingua estranxeira que será, preferentemente, a que curse como primeira lingua estranxeira.
  7. A axuda económica outorgada a cada centro por proba e alumno/a será de 100€ (segundo criterios de distribución indicados na resolución), que irá destinada a custear os gastos derivados dos exames efectuados por entidades alleas ao centro.

 ----------------------------------------------------------------------------------------------------------------

O alumnado de 4º ESO, 1º de Bacharelato e 2º e Bacharelato do IES David Buján matriculado en francés ou inglés primeira ou segunda lingua estranxeira presentaríase, se así o desexa, ás probas oficiais de idioma estranxeiro nos niveis B1,  B2 e C1 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL).

 

As probas de acceso aos diferentes niveis son independentes e o alumno/a decide o nivel no que se matricula. Para tomar esta decisión, é de grande utilidade consultar os exames das Escolas Oficiais de Idiomas (EOI):

No caso de necesitaren máis asesoramento sobre o nivel ao que presentarse, así como outras cuestións relacionadas coa proba, recoméndase escribir ás Xefas de Departamento de Francés e Inglés: Silvia Roo Castro para lingua francesa: siro@iesdavidbujan.gal, e María Dolores Martínez Rodríguez no caso de lingua inglesa: lolamr@iesdavidbujan.gal.

 

O alumnado que decida presentarse deberá entregar en secretaría ou enviar por correo antes do 15 de setembro o formulario asinado que figura ao final desta información, xa que se ampliou o prazo.

 

AdxuntoTamaño
información familias probas francés e inglés.pdf105.79 KB
compromiso probas inglés-francés.pdf113.81 KB


page | by Dr. Radut