Eventos
O departamento de E.F. organiza un roteiro por Dexo para 4º da ESO entre 08:30 e as 14:00
Os departamentos de Debuxo e de X.H. organizan unha visita ao CIEC e ao centro histórico de Betanzos entre as 8:30-14:OO para o alumndo de 1º ESO. Esta actividade foi aprazada -posiblemente para a última semana de clase- debido a problemas co transporte alleos ao noso centro.
Os depatamentos de Lingua Galega e de Normallización organizan a asistencia do alumando de 1º Bach ao Correlingua entre as 9:20 e as 14:10
O departamento de F.Q. organiza unha visita á TELVA para o alumnado de 2º da ESO C entre ás 11:20 e as 14:00
O departamento de Francés organiza a asistencia aos actos do día da Francophonie en Vilanova de Arousa, para o alumnado de francés de 1º Bach. Saída ás 8:30 e volta ás 19:00 aprox.
O departamento de E.F. organiza un roteiro arredor de Cambre para o alumnado de 2º da ESO entre as 9:20 e as 14:00
O departamento de E.F. organiza un roteiro de Chelo a Betanzos para o alumnado de 1º da ESO entre as 8:30 e as 18:00. O alumnado deberá aboar 1 euro por esta actividade parcialmente subvencionada polo centro. esta actividade ten cambio no horario por motivos de organización do centro: 9:20-14:00. O alumnado terá clase pola tarde en horario normal.
O departamento de E.F. organiza unha xornada de sendeirismo e Kayak no Eume. É unha actividade de pago. Saída ás 8:30 e volta ás 18:00. Esta actividade ten un cambio no seu horario: saída ás 9:20.
O depart. de E.F. organiza un roteiro para o alumnado de 3º ESO entre as 9:20 e as 14:00. Trátase dunha actividade de pago parcialmente subvencionada polo centro.
A Bibliteca a3p, en colaboración coa biblioteca do IES Miraflores, organiza un roteiro literario en torno á obra de Carlos Casares. Os integrantes dos clubes de lecturas poderán disfrutar deste roteiro preto de Ourense. Trátase dunha actividade de balde subvencionada polo centro e polo club de lectura. Saída ás 9:20 e volta ás 18 horas (aprox.)