Skip to Content

Excursión a Mallorca de 4º da ESO

As familias do alumnado interesado na viaxe a Mallorca, poden descargar o arquivo adxunto coa información da mesma que nos remitiu a axencia de viaxes.

CALENDARIO DO IES DE CARRAL 2023/2024

A seguir podes consultar o calendario anual escolar da Xunta e, posteriormente, a páxina de cada mes coas actividades do centro.

Calendario IES DE CARRAL 2023/2024

FOLGA DE PERSOAL DOCENTE 24/10/2023.

A organización sindical CIG-Ensino comunicou a convocatoria dunha folga de persoal docente dos centros educativos públicos de Galicia para o día 24 de outubro de 2023.
O centro garantirá o cumprimento dos servizos mínimos establecidos pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e permanecerá aberto no seu horario habitual. O servizo de transporte escolar funcionará con normalidade.

Cambios na carreira contra a leucemia infantil

Debido ás previsións meteorolóxicas, a carreira contra a leucemia infantil transcorrerá no propio recinto educativo a última sesión do venres 20. Se as condicións fosen moi adversas, adiaríase a outra data.

O IES de Carral súmase á loita contra a leucemia infantil

Dentro do Proxecto de Vida Activa e Deportiva, coordinado polo Departamento de E. Física, o IES de Carral participa este venres (se a climatoloxía o permite) na carreira contra a leucemia infantil organizada pola Fundación Unoentrecienmil. A marcha rodeará o Campo da Feira o venres 20 arredor das 13:00 horas. Contamos para a organización coa axuda do Concello de Carral. Animámosvos a sumarvos a esta solidaria e necesaria iniciativa. 

 

 

Se queres ver o tráiler ao completo preme na seguinte ligazón: "Punto y final"

HISTORIAIS ACADÉMICOS CURSO 2022/2023.

O alumnado que rematou a ESO o curso pasado (2022/2023) pode recoller o seu historial académico na Administración deste centro en horario de 09:00 a 13:00 horas. Se non pode vir a persoa interesada pode autorizar por escrito a outra persoa a recoller a documentación.

Instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de Educación Secundaria Obrigatoria no curso 2023-2024 (Resolución 6 de xuño)

Atendendo ao que se di na Disposición derradeira segunda desta Resolución, publicitamos a mesma na web do centro:

Disposición derradeira segunda.

Difusión

A dirección dos centros docentes que impartan estas ensinanzas arbitrará as medidas necesarias para que esta resolución sexa coñecida por todos os membros da comunidade educativa.

 

COÑECEMOS O CENTRO

Distribuir contido


by Dr. Radut