Skip to Content

ADMISIÓN DE ALUMNADO PROCEDENTE DE CENTROS NON ADSCRITOS PARA O CURSO 2024/2025.

PROCEDEMENTO PARA SOLICITAR PRAZA NESTE CENTRO PARA O VINDEIRO CURSO 2024/2025: ALUMNADO PROCEDENTE DE CENTROS NON ADSCRITOS.

PRAZO DE PRESENTACIÓN: 1-20 MARZO

DOCUMENTACIÓN: modelo ED550B.

PRESENTACIÓN ELECTRÓNICA DA SOLICITUDE: 

  1. Entrar na dirección https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado
  2. Cubrir o formulario de admisión (MODELO ED550B-Anexo II) a través do menú Solicitudes - Admisión - Crear.  
  3. Cubrir o modelo Anexo II-bis (comprobación de datos e consentimento), imprimilo e, unha vez asinado de forma manual pola outra persoa proxenitora, titora ou acolledora, escanealo.
  4. A seguir a aplicación permite conectar coa sede electrónica da Xunta de Galicia para asinar e presentar a solicitude (con certificado dixital ou Chave365). Non esquezan  achegar o Anexo II-bis e o resto de documentación que fose precisa.

 

 PRESENTACIÓN PRESENCIAL DA SOLICITUDE: A solicitude de reserva (ED550B) e o Anexo II-bis poden presentarse no centro docente indicado en primeiro lugar na dita solicitude. Poden descargar o impreso en https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado.

Coa solicitude deben entregar unha copia do libro de familia. En caso de separación ou divorcio, tamén deberán aportar unha copia da sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.

No arquivo que se achega poden consultar, entre outra información, as prazas vacantes e os prazos relacionados coa admisión e a matrícula para o vindeiro curso.

 

 

 

RESERVA DE PRAZA PARA 1º ESO: ALUMNADO PROCEDENTE DO CEIP VICENTE OTERO VALCÁRCEL.

Foi admitido todo o alumnado de 6º de Educación Primaria e procedente do CEIP Vicente Otero Valcárcel que solicitou reserva de praza en 1º de ESO para o curso 2024/2025.

ALUMNADO ADMITIDO EN 1º BACHARELATO NO IES DAVID BUJÁN.

Todo o alumnado de 4º de ESO que solicitou reserva de praza no IES David Buján para cursar 1º de Bacharelato durante o curso 2024/2025 foi admitido no dito centro.

RESERVA DE PRAZA PARA CURSAR BACHARELATO NO IES DAVID BUJÁN (CURSO 2024/2025)

 O  15 de xaneiro ábrese o prazo para reservar praza no bacharelato para o alumnado que desexe cursalo no IES David Buján de Cambre

 PRAZO DE PRESENTACIÓN: do 15 de xaneiro  ao 5 de febreiro.

 DOCUMENTACIÓN: modelo ED550A

 PRESENTACIÓN ELECTRÓNICA DA SOLICITUDE: 

  1. Entrar na dirección https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado
  2. Cubrir o formulario de admisión (MODELO ED550A-modelo I) a través do menú Solicitudes - Reserva  - Crear.  
  3. Cubrir o modelo Anexo I-bis (comprobación de datos e consentimento), imprimilo e, unha vez asinado de forma manual pola outra persoa proxenitora, titora ou acolledora, escanealo.
  4. A seguir a aplicación permite conectar coa sede electrónica da Xunta de Galicia para asinar e presentar a solicitude (con certificado dixital ou Chave365). Non esquezan  achegar o Anexo I-bis e o resto de documentación que fose precisa.

 

 PRESENTACIÓN PRESENCIAL DA SOLICITUDE: A solicitude de reserva (ED550A) e o anexo I-bis poden presentarse no centro docente no que o alumnado estea matriculado, é dicir no IES de Carral. Poden descargar o impreso en
https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado.

 

IMPORTANTE: As solicitudes de reserva son únicas e vinculantes. Unha vez presentada a solicitude de reserva no IES David Buján, non se pode solicitar a admisión noutro centro (entre o 1 e o 20 de marzo) sen renunciar ao posto reservado. Para iso, débese presentar un escrito de renuncia no centro docente coa data límite do día 28 de febreiro de 2024.

De ser admitido/a  na reserva de prazas farase a matrícula nas datas que corresponda.

Cando o número de solicitudes supere ao de prazas, non haberá reserva e terase que presentar solicitude de admisión no periodo xeral do 1 ao 20 de marzo

CALENDARIO DO IES DE CARRAL 2023/2024

A seguir podes consultar o calendario anual escolar da Xunta e, posteriormente, a páxina de cada mes coas actividades do centro.

Calendario IES DE CARRAL 2023/2024

Cambios na carreira contra a leucemia infantil

Debido ás previsións meteorolóxicas, a carreira contra a leucemia infantil transcorrerá no propio recinto educativo a última sesión do venres 20. Se as condicións fosen moi adversas, adiaríase a outra data.

O IES de Carral súmase á loita contra a leucemia infantil

Dentro do Proxecto de Vida Activa e Deportiva, coordinado polo Departamento de E. Física, o IES de Carral participa este venres (se a climatoloxía o permite) na carreira contra a leucemia infantil organizada pola Fundación Unoentrecienmil. A marcha rodeará o Campo da Feira o venres 20 arredor das 13:00 horas. Contamos para a organización coa axuda do Concello de Carral. Animámosvos a sumarvos a esta solidaria e necesaria iniciativa. 

 

 

Se queres ver o tráiler ao completo preme na seguinte ligazón: "Punto y final"

HISTORIAIS ACADÉMICOS CURSO 2022/2023.

O alumnado que rematou a ESO o curso pasado (2022/2023) pode recoller o seu historial académico na Administración deste centro en horario de 09:00 a 13:00 horas. Se non pode vir a persoa interesada pode autorizar por escrito a outra persoa a recoller a documentación.

Instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de Educación Secundaria Obrigatoria no curso 2023-2024 (Resolución 6 de xuño)

Atendendo ao que se di na Disposición derradeira segunda desta Resolución, publicitamos a mesma na web do centro:

Disposición derradeira segunda.

Difusión

A dirección dos centros docentes que impartan estas ensinanzas arbitrará as medidas necesarias para que esta resolución sexa coñecida por todos os membros da comunidade educativa.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut