Skip to Content

Información aos pais/nais

Información sobre a Avaliación de Diagnóstico

En cumprimento da nova lei educativa estatal, este curso está previsto en todas as comunidades autónomas a realización das probas da avaliación de diagnóstico para o alumnado de 2º da ESO. No caso de Galicia, terán lugar os próximos días 10 e 11 de abril. Ofrecemos a seguir a información máis relevante sobre a mesma para o alumnado e as familias, así como a ligazón á web onde está toda a información. 

 

 

A avaliación de diagnóstico

Ligazón á web da Consellaría de Educación

 

Circular de inicio de curso

Estimadas familias:
Dende o Equipo directivo, queremos darlles a benvida a un novo curso escolar, en especial, ás que chegan ao centro por primeira vez. Aproveitamos esta mensaxe para poñer no seu coñecemento algunhas cuestións de interese para este curso escolar 2022/2023 relacionadas co calendario escolar, coa comunicación que debe de haber entre o centro e as familias e, finalmente, coa actualización do protocolo COVID.
Toda a información está recollida no arquivo adxunto.

O vindeiro 10 de outubro están convocados a unha reunión cos titores/as dos seus fillos/as no centro ás 18:15 horas. De todos xeitos, agradecemos nos comuniquen calquera incidencia que consideren relevante, sen necesidade de agardaren á reunión de inicio de curso.

 

 

 

CALENDARIO FINAL DE CURSO 2021/2022

Cuestionario da Fundación Barrié e a Universidade de Santiago

Estimadas familias:

Desde a Fundación Barrié e a Universidade de Santiago solicitan a nosa colaboración nun estudo sobre “Redes sociais, videoxogos e Apostas entre a mocidade galega”. Na seguinte ligazón poden ler a carta completa. O seu fillo/a tería que cubrir un cuestionario anónimo; se non queren que o seu fillo/a o cubra, envíenos un correo ao ies.carral@edu.xunta.gal indicando o nome do seu fillo/a e a súa negativa a cubrilo. Tamén poden eviar a súa negativa en papel polo seu fillo/a. Enviarémoslles tamén un avispo por Abalar. Comezan a cubrir o cuestionario o venres 22 de abril.

 

Reciban un cordial saúdo

 

Equipo directivo do IES de Carral

 

Guía de actuación ante a aparición de casos de COVID-19 en centros educativos

Definición de caso sospeitoso: calquera alumno ou traballador do centro cun cadro clínico de infección respiratoria aguda de aparición súbita de calquera gravidade que cursa, entre outros, con febre, tose ou sensación de falta de aire.

Modificacións na saída prevista para o luns 17 de outubro

Estimadas familias:

Debido ás condicións meteorolóxicas desta fin de semana, vémonos na obriga de cancelar o roteiro polo Monte Pindo. Porén, a saída de mañá segue en pé, pero con unha nova alternativa.

Sairemos do instituto cara ao Miradoiro de Loureiro para ver as vistas de Carnota, lagoa litoral, duna... Se o tempo o permite, baixaremos ao Faro de Punta Lariño por unha senda moi cómoda. Finalizaremos visitando a Fervenza do Ézaro e, se nos dá tempo, Fisterra.

Para a saída É MOI IMPORTANTE que leven roupa de abrigo e calzado cómodo, chuvasqueiro e unha muda completa (incluído calzado de reposto) por se se mollan. Tamén teñen que levar comida e auga para beber.

Sentimos as molestias.

Un saúdo!

Departamentos de Bioloxía e Música

Distribuir contido


by Dr. Radut