Skip to Content

Escolares

I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DE OUTONO

A seguir incluímos un vídeo para animarvos a participar no I Concurso de Fotografía do Outono do IES de Carral.

 

E lembrámosvos que podedes ver e visitar a exposición sobre cogomelos que está no vestíbulo. Tedes imaxes da mesma na galería da web do IES de Carral.

Reprodución de diapositivas - IES de Carral (xunta.gal)

 

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO 25 DE NOVEMBRO 2016

O Concello e o IES de Carral con motivo do día Internacional para a eliminación da violencia de xénero co alumnado de 2º da ESO, realizou unha marcha dende o centro ata o Concello. Crearon haikus (poemas breves que plasman a traxedia de xeito profundo) contra a violencia de xénero e a saída do centro foi as 13.15 e volta ás 14.00 do campo da feira.

25 DE NOVEMBRO: NON MÁIS VIOLENCIA DE XÉNERO

Ver aquí as actividades programadas para este día.

 

25 DE NOVEMBRO: NON MÁIS VIOLENCIA DE XÉNERO

O 25 de novembro celébrase o día Internacional de loita contra a violencia de xénero. Dende o noso centro e coa colaboración da concellería de Educación, Traballo e Benestar social do concello de Carral, imos celebrar as seguintes actividades. Deste xeito, contribuiremos á construcción dunha sociedade máis concienciada para que nun futuro non sexa necesario celebrar este día.

Plan ANOCA (Aprender NO CÁrcere)

O profesorado do E.P.A.P.U. de Teixeiro desenvolve o proxecto Aprender no Cárcere para crear unha vía de comunicación e colaboración entre os intern@s e os adolescentes do noso centro.

Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos e na súa contorna

Durante este curso, o alumnado recibirá charlas da Garda Civil sobre diversos temas para mellorar a seguridade e a convivencia.

 

f0be5d5c-a0ae-46b9-b1aa-bcf8a614ec04 1

A oferta do PlanDirector materialízase nas seguintes accións:

Distribuir contido


by Dr. Radut