Skip to Content

Actividades do EDLG

Día da Muller e a Nena na Ciencia

Bases do concurso de calendarios de peto 2024

CALENDARIO DE ACTIVIDADES NO IES DE CARRAL

Calendario IES DE CARRAL 2023/2024 de ANXO GÓMEZ SÁNCHEZ

Cuestionario sobre o uso da lingua galega 1º da ESO

A seguir vas cubrir o cuestionario sobre o uso da lingua galega. Para facelo, tes que entrar na seguinte ligazón:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdBCHybRR7GvOJCjoqgq_5XCPHHnzaO...

Cando remates, dáslle a enviar.

Obradoiro de poesía de Dores Tembrás

A poeta Dores Tembrás acudiu ao noso centro impartir un obradoiro de poesía para alumnado de 1º e 2º da ESO. Esta iniciativa ofrecida polo Concello de Carral pretende incentivar a participación do noso alumnado no Concurso de Poesía Xuvenil do Concello.

 

Intercambio co IES de Cacheiras

Un ano máis realizamos un intercambio co IES de Cacheiras (Teo) para rememorar os feitos acaecidos en 1846. O venres 21 de abril fomos a Cacheiras e partimos da reitoral de Bamonde e o mércores 26 veu ao noso concello o alumnado de Teo. Aquí fixemos o percorrido pola coñecida como Ruta dos Mártires.

 

8M DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

8M  DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Dende a Biblioteca Pasando Páxina do IES de Carral aproveitamos a Semana da Prensa para centrar o 8M no estudo das mulleres e o periodismo. Esta semana, contaremos cos relatorios de varias exalumnas do IES ou do CPI Vicente Otero que están vinculadas ao mundo do xornalismo. Ademais, rapazas de 2º representarán a todo o alumnado nun pleno no Concello de Carral o mércores de 10:30 a 12:30.

Dende os diferentes departamentos tentarase vincular a muller co xornalismo a través de figuras como Nellie Bly, Lee Miller ou Carmen de Burgos.

 

MEMORIA GRÁFICA E DESCRITIVA DAS ACTIVIDADES DO EDLG NO CURSO 2021/2022

A seguir ofrecemos a Memoria gráfica e descritiva do EDLG que foi presentada á Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Distribuir contido


by Dr. Radut