Skip to Content

Eventos

CALENDARIO DE ACTIVIDADES NO IES DE CARRAL

Calendario IES DE CARRAL 2023/2024 de ANXO GÓMEZ SÁNCHEZ

Obradoiro de poesía de Dores Tembrás

A poeta Dores Tembrás acudiu ao noso centro impartir un obradoiro de poesía para alumnado de 1º e 2º da ESO. Esta iniciativa ofrecida polo Concello de Carral pretende incentivar a participación do noso alumnado no Concurso de Poesía Xuvenil do Concello.

 

Intercambio co IES de Cacheiras

Un ano máis realizamos un intercambio co IES de Cacheiras (Teo) para rememorar os feitos acaecidos en 1846. O venres 21 de abril fomos a Cacheiras e partimos da reitoral de Bamonde e o mércores 26 veu ao noso concello o alumnado de Teo. Aquí fixemos o percorrido pola coñecida como Ruta dos Mártires.

 

Festival de Nadal no IES de Carral

O xoves 22 celebramos o Nadal con diversas actividades: concurso de doces, concurso de decoración do Nadal, festival de bailes e panxoliñas. Aquí tedes un vídeo resumo.

SEMANA DE ROSALÍA E DO ENTROIDO 2022

03/03/2022 10:46

A Semana do 23 de febreiro houbo diferentes actividades no IES de Carral. Na web podes ver un resumo das mesmas. Máis información tes no Site Carralengalego https://sites.google.com/view/carralengalego/semana-de-rosal%C3%ADa-entr....

 

GAÑADORES DO I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DE OUTONO DO IES DE CARRAL

A seguir ofrecemos a imaxe dos gañadores do I Concurso de Fotografía do Outono. Era unha elección tan difícil que resultaron gañadores 3 alumnos de 2º da ESO: Lara Candal, Dhayala de Lima e Damián Palla Parabéns!

 

 

DA CANDELORIA AO SAN VALENTÍN

Participade no novo concurso "Da Candeloria ao San Valentín", organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega!

 

 

XA PODEMOS FELICITAR AO GAÑADOR DO CONCURSO DE CALENDARIOS DE PETO 2022! CARLOS FERNÁNDEZ BELLO, DE 2ºB!

 

Gañadores do I torneo de xadrez do IES de Carral

Pablo Quintela, de 1ºB e Trystan de Lima, de 3ºB foron os gañadores do I Torneo de Xadrez do IES de Carral. Parabéns!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut