Skip to Content

Taboleiro

PARABÉNS AO NOSO ALUMNADO POR APROBAR O DELF

 

Parabéns ao noso alumnado de 4º da ESO que se presentou para a obtención do diploma DELF de Francés, pois todas e todos eles conseguiron aprobar.

 

 

 

 

CALENDARIO FINAL DE CURSO 2021/2022

CONVOCATORIA DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E DAS AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2021/2022.

No DOG do 20 de maio, publicouse a orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e as axudas para a adquisición de material escolar para o curso 2021/2022.

Nos arquivos que se achegan poden consultar a información correspondente e atopar o impreso de solicitude. Calquera dúbida será atendida no teléfono 881960480 ou no enderezo electrónico ies.carral@edu.xunta.gal

O prazo de presentación de solicitudes remata o 22 de xuño de 2021 (este incluído).

 

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal)

 

Para a presentación de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365)

 

IMPORTANTE: Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes no centro docente ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Para a súa presentación no IES de Carral deben ter en conta os seguintes aspectos:

- É necesario solicitar cita previa no 881960480 ou no correo electrónico ies.carral@edu.xunta.gal

- Deben entregar debidamente cuberto e asinado o impreso de solicitude.

- Lembren entregar a documentación complementaria (non se farán copias no centro).

 

 

 

 

 

DÍAS NON LECTIVOS

Dous días non lectivos : 7 de decembro e 16 de maio.

Distribuir contido


by Dr. Radut