Skip to Content

Educación física

Cambios na carreira contra a leucemia infantil

Debido ás previsións meteorolóxicas, a carreira contra a leucemia infantil transcorrerá no propio recinto educativo a última sesión do venres 20. Se as condicións fosen moi adversas, adiaríase a outra data.

O IES de Carral súmase á loita contra a leucemia infantil

Dentro do Proxecto de Vida Activa e Deportiva, coordinado polo Departamento de E. Física, o IES de Carral participa este venres (se a climatoloxía o permite) na carreira contra a leucemia infantil organizada pola Fundación Unoentrecienmil. A marcha rodeará o Campo da Feira o venres 20 arredor das 13:00 horas. Contamos para a organización coa axuda do Concello de Carral. Animámosvos a sumarvos a esta solidaria e necesaria iniciativa. 

 

 

Se queres ver o tráiler ao completo preme na seguinte ligazón: "Punto y final"

No IES de Carral facemos surf

Parabéns ao equipo infantil masculino de Campo a través do IES de Carral

 

O 14 de xaneiro de 2023 o alumnado clasificado na primeira fase de Campo a través acudiu de novo ao parque deportivo de Acea de Ama (Culleredo) para participar na fase intercomarcal. O equipo infantil masculino clasificouse para o campionato provincial que terá lugar o 17 de marzo na zona de Ferrol. Mirade a ilusión que mostran xunto ás copas que trouxeron ao centro.

 

CARREIRA DE CAMPO A TRAVÉS (Culleredo 16/12/2022)

O venres 16 de decembro o alumnado de 1º, 2º e 3º participou na carreira de campo a través que tivo lugar no parque deportivo de Acea da Má organizada pola Secretaría Xeral para o Deporte (deporte escolar galego).

Ao bo tempo e ao exquisito comportamento da rapazada temos que engadir dúas medallas e un trofeo (primeiro equipo infantil) que nos permite avanzar cara á seguinte fase.

Lembrade o lema do proxecto: “O último en chegar é simplemente o gañador/a máis lento/a”.

A San Silvestre no IES de Carral

O IES DE CARRAL NA OPEN SCIENCE DE CAMBRE 2022

open sciencie 2022 de Anxo Gomez

Distribuir contido


by Dr. Radut