Skip to Content

Documentos organizativos

PEC

PLAN DIXITAL DE CENTRO

CONSULTA DO DOCUMENTO

ACTUALIZACIÓN DE DETERMINADAS MEDIDAS CORRECTORAS.

 Segundo o aprobado polo Consello Escolar do 28 de xaneiro e o artigo 42 do decreto 8/2015, de 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, e, para garantir a convivencia no centro, establécense as seguintes medidas correc

USO DO TELÉFONO MÓBIL E OUTROS DISPOSITIVOS ELECTRÓNICOS NO CENTRO.

 Segundo o aprobado no Consello Escolar do 28 de xaneiro e o que establece o artigo 11.3 da lei 4/2011, de 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa, queda prohibido o uso do teléfono móbil e outros dispositivos electrónicos en todo o recinto escolar.

 

O uso do teléfono móbil e doutros dispositivos electrónicos en actividades distintas ás académicas terá a consideración de conduta leve contraria á convivencia e serán de aplicación as seguintes medidas correctoras:

 

  1. Amoestación por escrito (parte de incidencias).

  2. Depósito do teléfono móbil. Farase do seguinte xeito:

 

 

ONDE?

Na Administración do centro.

QUEN?

O alumnado e o/a profesor/a que asina o parte.

COMO?

Apagado polo propio/a alumno/a sen retirar a tarxeta interna.

DEPÓSITO:

En sobre pechado no que o alumnado fará constar o seu nome e apelidos completos, data e hora do depósito e sinatura. No caso de que o alumnado se negue a entregar o móbil, o profesorado considerará este feito como acto de indisciplina (conduta contraria ás normas de convivencia).

Aínda que o sobre quedará no centro, este non terá ningunha responsabilidade sobre a custodia do mesmo.

RECUPERACIÓN DO TELÉFONO MÓBIL:

O propio/a alumno/a, ao remate da xornada lectiva (14:10 e os luns ata as 18:00 h. ) ou da actividade complementaria ou extraescolar.

 A dirección do centro lémbralle ás familias que tanto os responsables como o alumnado se poden poñer en contacto a través do teléfono do centro (881960480) dentro da xornada lectiva. No caso de que se detecte calquera comunicación do alumnado coas familias a través dun teléfono móbil aplicarase o procedemento descrito.

 

 

PLAN DE CONVIVENCIA

Consultar o documento.

PLAN DE AUTOPROTECCIÓN

Calquera membro desta comunidade educativa poderá consultar este documento na administración do centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut