Skip to Content

Lingua Galega e Literatura

Obradoiro de creación de monicreques con Ton Arenas

O alumnado de 2º  da ESO asistiu a un obradoiro de monicreques con Ton Arenas, do taller Micromina. Elaboraron multitude de materiais académicos con cartón. Desta maneira, coa profesora de Lingua Galega crearon un teatro de marionetas, co que fixeron escenificacións con bonecos de man deseñados e creados polo propio alumnado. Por tanto, Ton veu ao instituto durante toda unha mañá para ensinarlles aos rapaces e ás rapazas como crealos e eu, durante as vacacións do Entroido, a profesora Belén Mourelle creou o teatriño para as representacións. Aproveitouse para representar contos populares, para vermos o papel das rapazas na tradición oral. Tamén se realizaron vídeos con estes monecos para exposicións de Música de instrumentos tradicionais que foron expostos na Festa do Pan 2024.

 

Intercambio co IES de Cacheiras

Un ano máis realizamos un intercambio co IES de Cacheiras (Teo) para rememorar os feitos acaecidos en 1846. O venres 21 de abril fomos a Cacheiras e partimos da reitoral de Bamonde e o mércores 26 veu ao noso concello o alumnado de Teo. Aquí fixemos o percorrido pola coñecida como Ruta dos Mártires.

 

VISITA RIANXO. CONMEMORACIÓN CASTELAO.

30/04/2020 08:30
30/04/2020 20:00

Retransmisión na CRTVG da conmemoración dos “Mártires de Carral”

No programa, "Anacos de vida",  descubrirides por que o pan de Carral é único no mundo, ao tempo que coñeceredes as fermosas historias de vida que hai arredor dos panadeiros.

Participaredes nunha homenaxe aos Mártires de Carral acompañando a Anxo Gómez e os seus alumnos nos preparativos desta festa que ben merece unha foto para a lembranza. E, por suposto, estaredes atentos á investigación que os máis cativos de Carral van desenvolver para descubrir a foto misteriosa, posiblemente a máis antiga que se fixo nestas terras.

“Temos química coa nosa lingua”, o IES de Carral le o seu manifesto gañador do Correlingua en Lugo.

 

Os alumnos do IES de Carral len o manifesto gañador do Correlingua en Lugo.

 

O ALUMNADO DO IES DE CARRAL BAIXO O ALCUME “OS TOXOS” GAÑA O CONCURSO DE MANIFESTO DO CORRELINGUA 2019

 

“TEMOS QUÍMICA COA NOSA LINGUA” é o título do manifesto co que as mozas e mozos de 3º e 4º da ESO do IES de Carral gañaron o concurso de manifesto do Correlingua 2019.

Distribuir contido


by Dr. Radut