Resolución do 22 de xuño de 2023, pola que se regula o Plan Proxecta+ e se establecen as bases para a participación dos centros docentes sostidos con fondos públicos durante o curso 2023/24

Ven, 23/06/2023 - 10:38
proxecta +

A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa vén de publicar a Resolución do 22 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se regula o Plan Proxecta+ e se establecen as bases para a participación dos centros docentes sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades durante o curso 2023/24.

O prazo para presentarse a esta convocatoria comeza o día seguinte ao da publicación desta resolución no portal educativo e rematará o día 29 de setembro de 2023.

Pódese consultar a información sobre cada programa na páxina web do Plan Proxecta+ (pendente de actualización): https://www.edu.xunta.gal/portal/planproxecta