Skip to Content

Orientación

Inscrición nas probas de acceso a ciclos

     Inscrición nas probas de acceso a ciclos de grao medio

2023

 PRAZO DE PRESENTACIÓN:do 27 de febreiro  ao 10 de marzo

 

 DOCUMENTACIÓN: modelo ED312C

 

 PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE:

 A solicitude cubrirase na aplicación ciclosprobas co seguinte procedemento:

 

   1. Entrar na sede electrónica da Xunta  co código ED312C e seleccionar a opción Tramitar en liña. Escoller a opción de identificación:  acceso con identificación (dni electrónico, Chave365, certificado dixital)ou outros accesos (acceso con dni e correo electrónico)

  

   2. Cubrir o formulario de solicitude.  Feito iso pódese optar por:

            a) Imprimir o formulario e presentalo na secretaría de calquera instituto que imparta formación profesional, ou 

              b) Para usuarios maiores de idade con certificado dixital ou Chave 365 presentalo  a través da aplicación

 

 

Reserva de praza no IES David Buján

   RESERVA DE PRAZA PARA CURSAR BACHARELATO

NO IES DAVID BUJÁN O CURSO 2023/2024

 O  16 de xaneiro ábrese o prazo para reservar praza no bacharelato para aqueles alumnos/as que desexen cursalo no IES David Buján de Cambre

 PRAZO DE PRESENTACIÓN: do 16 de xaneiro  ao 6 de febreiro

 DOCUMENTACIÓN: modelo ED550A

 PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE: na secretaría do IES de Carral ou na Sede Electrónica da Xunta de Galicia co seguinte procedemento:

   1. Entrar na dirección https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

   2. Cubrir o formulario de admisión a través do menú Solicitudes - Reserva  - Crear.  Feito iso pódese optar por:

                 a) Imprimir o formulario e presentalo na secretaría do IES de Carral, ou

               b) Con certificado dixital ou Chave 365 presentalo na Sede Electrónica a través da aplicación

   Tamén pode cubrirse o modelo ED550A manualmente e presentalo na administración do instituto (podes descargar aquí o modelo).

 

 PUBLICACIÓN DE LISTAXES: 22 de febreiro no taboleiro do IES de Carral

 De ser admitido/a  na reserva de prazas farase a matrícula nas datas que corresponda.

Cando o número de solicitudes supere ao de prazas, non haberá reserva e terase que presentar solicitude de admisión no periodo xeral do 1 ao 20 de marzo

      

Web do Departamento de Orientación

07/05/2020 18:45

Atoparás información sobre o sistema educativo, a organización das ensinanzas no Centro e moito máis na páxina web do departamento.

Dirección da páxina web do Departamento de Orientación: www.sites.google.com/view/orientacarral

O Sistema educativo

20/04/2020 18:52
20/04/2020 18:53

O sistema educativo

  • Inicio   
  • O bacharelato   
  • A formación profesional   
  • Outras ensinanzas