Skip to Content

Actividades

A imaxe corporal e a alimentación saudable

Relacionado co Plan Proxecta Nutriescolas, realizamos no centro uns obradoiros sobre alimentación saudable.  As charlas- taller sobre etiquetado dos alimentos e alimentación saudable desenvolvéronse en varios días para varios cursos. Contamos coa colaboración dunha ex-alumna que é nutricionista e veu ó instituto a   facer unhas charlas sobre o etiquetado dos alimentos e como facer eleccións responsables. En 4º curso contamos ademáis con unha psicóloga que falou da presión social sobre imaxe corporal e os transtornos de alimentación. No taller o alumnado fixo varios traballos que se recollen na seguinte presentación:

https://docs.google.com/presentation/d/1w8qv7_Kx4Mgyjl95JKKP5ldKV8TPnq2S...

 

Colaboracións coa Policía Local de Carral

Durante o curso 2023/24 volvemos contar coa colaboración da policía local do Concello que se achegou ao centro para impartir un programa de Educación Vial (2º da ESO) e unhas charlas sobre ciberbulling (1º da ESO) e en colaboración coa Fundación MJ Jove un relatorio sobre drogas (3º da ESO).

Navega con rumbo no IES de Carral

Un ano máis desenvolveuse no noso IES a charla do programa Navega con Rumbo para 1º da ESO.

 

Charla sobre drogadición na Fundación María José Jove

O noso alumnado de 3º da ESO asiste hoxe a unha charla sobre drogas na Fundación María José Jove, grazas á colaboración da Policía Local de Carral.

Obradoiro de Educación Sexual para 3º e 4º da ESO

Durante o mes de abril de 2024 desenvolverase nas titorías de 3º e 4º da ESO un taller de Educación Sexual. Este taller facilítanolo o Concello de Carral.

O proxecto será guiado por Noelia Darriba García (Atalaia Social): Educadora Social e Psicopedagoga Terapeuta familiar sistémica; Máster en Terapia do Reencontro; Posgrao en Educación Emocional USC; formación en novas metodoloxías socioafectivas, Mindfullnes en aula…

Educación afectivo-sexual e asesoría de sexualidade para alumnado de secundaria e sensibilización sobre miscromachismos para alumnado de 3º-4º da ESO.

 

Obradoiros Talento mozo no IES de Carral

O luns 18 de marzo celebráronse no noso centro os Obradoiros Talento Mozo 2024 para alumnado de 4º da ESO. É un programa de educación non formal no ámbito educativo que se desenvolve a través de obradoiros participativos. Neles, déronse a coñecer as experiencias profesionais e de vida de diferentes mozas e mozos galegos para inspirar o alumnado de educación secundaria obrigatoria. Por iso, neste proxecto contamos coa participación de mozas e mozos galegos, que falarán da súa experiencia no ámbito da formación, da incorporación ao mercado laboral e, sobre todo, da súa experiencia de vida.

 

Día da Muller tamén en Carral

O venres 8 de marzo parte do noso alumnado do Club de Lingua e Lectura de 3º da ESO, tomou a voz no pleno do Concello de Carral para dar voz á reivindicación das mulleres. Decidímonos por traballar o humor gráfico e os dereitos das mulleres.

 

A muller na banda deseñada

Desde o Equipo de Biblioteca celebran o Día da Muller coa exposición, "Personaxes femininas da banda deseñada e da ilustración". Estará todo o mes de marzo exposta no centro para traballala nas titorías.

Día da Muller e a Nena na Ciencia

Cinema con perspectiva

O IES de Carral, co alumnado de 1ºC, é un dos 40 centros que participa no programa Cinema con Perspectiva. O programa, dirixido ao alumnado de 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º de ESO, ten como obxectivo educar na identificación e tratamento dos estereotipos sexistas presentes na narrativa do cinema e noutras formas de expresión audiovisual.

https://www.xunta.gal/es/notas-de-prensa/-/nova/86576/total-40-centros-participan-este-curso-programa-cine-con-perspectiva

 

Distribuir contido


by Dr. Radut