Skip to Content

Admisión e matrícula

ADMISIÓN DE ALUMNADO DE CENTROS NON ADSCRITOS PARA O CURSO 2023/2024.

O alumnado matriculado en centros non adscritos pode pedir praza no IES de Carral, para o vindeiro curso, entre o 1 e o 20 de marzo.

As familias poderán cumprimentar as solicitudes de admisión de xeito manual ou a través da aplicación Admisiónalumnado no menú: Solicitudes-Admisión-Crear.

Esta solicitude deberase presentar no centro educativo solicitado en primeiro lugar ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave 365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación.

Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando o impreso que se adxunta.

Lembren cubrir e asinar o Anexo II-bis (comprobación de datos dos membros da unidade familiar e consentimento da outra persoa proxenitora).

Coa solicitude deben entregar unha copia do libro de familia. En caso de separación ou divorcio, tamén deberán aportar unha copia da sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor

Se unha familia presenta unha solicitude de admisión tendo xa rexistrada outra para o mesmo alumno/a noutro centro, só poderá presentala previa renuncia expresa por escrito no apartado correspondente do impreso de solicitude.

No arquivo que se achega poden consultar, entre outra información, as prazas vacantes e os prazos relacionados coa admisión e a matrícula para o vindeiro curso.

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2020/2021

Nos arquivos que se achegan poden atopar a información e o impreso de solicitude relativos ao proceso de admisión de alumnado (non matriculado en centro adscrito) para o vindeiro curso 2020/2021.

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2018/2019

O día 1 de marzo comeza o prazo para solicitar a admisión neste centro para alumnado non pertencente a centros adscritos. Nos arquivos que se achegan poden atopar máis información así como o impreso de solicitude.

Lembramos que a solicitude será única e poderase presentar de forma presencial no centro educativo elixido ou, de forma electrónica, a través da aplicación "admisionalumnado".

Distribuir contido


by Dr. Radut