Skip to Content

Inscrición nas probas de acceso a ciclos

     Inscrición nas probas de acceso a ciclos de grao medio

2023

 PRAZO DE PRESENTACIÓN:do 27 de febreiro  ao 10 de marzo

 

 DOCUMENTACIÓN: modelo ED312C

 

 PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE:

 A solicitude cubrirase na aplicación ciclosprobas co seguinte procedemento:

 

   1. Entrar na sede electrónica da Xunta  co código ED312C e seleccionar a opción Tramitar en liña. Escoller a opción de identificación:  acceso con identificación (dni electrónico, Chave365, certificado dixital)ou outros accesos (acceso con dni e correo electrónico)

  

   2. Cubrir o formulario de solicitude.  Feito iso pódese optar por:

            a) Imprimir o formulario e presentalo na secretaría de calquera instituto que imparta formación profesional, ou 

              b) Para usuarios maiores de idade con certificado dixital ou Chave 365 presentalo  a través da aplicación

 

 



blog | by Dr. Radut