Skip to Content

Actividades do EDLG

CALENDARIO DE PETO GAÑADOR DO CONCURSO PARA O 2021

O alumno gañador do concurso de calendarios de peto foi, Iago Álvarez Pérez, de 1º da ESO. 

Parabéns, este é o calendario gañador:

Cuestionario sobre o uso da lingua galega 1º ESO

A seguir tes unha ligazón na que podes entrar para cubrir o cuestionario. Soamente tes que cubrilo unha vez e darlle a enviar.

https://docs.google.com/forms/d/1GNV8kxc-Jh7zaLwmix67g-OWUp1GXzXv6qZqIYD...

“20engalego”

É unha proposta do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES de Carral que comeza agora que se achega o Día das Letras Galegas (que para nós son todos).

Concurso de Diarios.

Se queredes participar no Concurso de Diarios organizado polo EDLG consultade o pdf adxunto.

Día dos fusilamentos dos Mártires de Carral

Hoxe 26 de abril, Día dos fusilamentos dos Mártires de Carral, poñémosvos a ligazón ao programa Anacos de Vida, Carral que se emitiu pola CRTVG.

Retransmisión na CRTVG da conmemoración dos “Mártires de Carral”

No programa, "Anacos de vida",  descubrirides por que o pan de Carral é único no mundo, ao tempo que coñeceredes as fermosas historias de vida que hai arredor dos panadeiros.

Participaredes nunha homenaxe aos Mártires de Carral acompañando a Anxo Gómez e os seus alumnos nos preparativos desta festa que ben merece unha foto para a lembranza. E, por suposto, estaredes atentos á investigación que os máis cativos de Carral van desenvolver para descubrir a foto misteriosa, posiblemente a máis antiga que se fixo nestas terras.

“Temos química coa nosa lingua”, o IES de Carral le o seu manifesto gañador do Correlingua en Lugo.

 

Os alumnos do IES de Carral len o manifesto gañador do Correlingua en Lugo.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut