Skip to Content

Plan ANOCA (Aprender NO CÁrcere)

O profesorado do E.P.A.P.U. de Teixeiro desenvolve o proxecto Aprender no Cárcere para crear unha vía de comunicación e colaboración entre os intern@s e os adolescentes do noso centro.

• Membros do profesorado do EPAPU de Teixeiro acompañados de internos, previamente validados polo Centro Penitenciario, irán aos Centros de Secundaria para ofrecer unha charla/coloquio.

• A duración será dunha sesión (50 min) ou de varias dependendo das necesidades do Centro.

• Estrutura da sesión:
- Breve introdución sobre o funcionamento da escola no Centro Penitenciario e presentación do/a interno/a a cargo dun dos docentes.
- O/a interno/a pasará a relatar a súa experiencia educativa no pasado e a súa experiencia actual.
- A/o interna/o falará da súa situación actual (convivencia no cárcere, qué o levou a esa situación, expectativas de futuro…)
- Dependendo das peticións dos Centros de Secundaria, o/a interno/a adicará un tempo a tratar un tema puntual (droga, violencia, inmigración…)
- O alumnado dos Centros de Secundaria realizarán preguntas que serán contestadas (na medida do posible) pola/o interna/o. Sería de grande axuda poder contar coa batería de preguntas con anterioridade para desbotar as que non fosen pertinentes e para facilitar o labor do/a interno/a.

• Gustaríanos facer un seguimento, coa axuda dos departamentos correspondentes en cada Centro, para respostar a todas aquelas cuestións que quedaran desatendidas durante a charla e poder crear un vínculo de asociación e colaboración dentro do noso proxecto e para traballos futuros.

• A nosa intención é achegar aos adolescentes ao mundo dos internos para evitar que cometan os mesmos erros e ao mesmo tempo incidir no labor de reeducación e reinserción que estamos levando a cabo achegando ao noso alumnado á realidade dos adolescentes creando unha rede de axuda mutua.

 

Podedes consultar as súas andainas aquí.

 



book | by Dr. Radut