Skip to Content

25 DE NOVEMBRO: NON MÁIS VIOLENCIA DE XÉNERO

O 25 de novembro celébrase o día Internacional de loita contra a violencia de xénero. Dende o noso centro e coa colaboración da concellería de Educación, Traballo e Benestar social do concello de Carral, imos celebrar as seguintes actividades. Deste xeito, contribuiremos á construcción dunha sociedade máis concienciada para que nun futuro non sexa necesario celebrar este día.

 

MANIFESTO

O 25 de novembro é a data elixida polas Nacións Unidas para conmemorar o Día internacional da eliminación da violencia contra a muller.

 

É por isto polo que os alumnos e as alumnas de 4º ESO PDC do IES de Carral queremos achegar a nosa solidariedade con este manifesto que titulamos:

 

SEN BÁGOAS DE MULLER”

 

 

1º Rexeitamos de xeito contundente a violencia de xénero. Cómpre plantarlle cara ao maltrato machista, porque empobrece a nosa sociedade e pode causar morte ou anulación da persoa.

2º Condenamos calquera acto de violencia contra a muller, non admitindo ninguna xustificación e, ao mesmo tempo, manifestamos noxo diante da chamada “violencia invisible”, expresada en supostos chistes machistas.

3º Belén, Rosa, Aurora, Estela, Yadira, Alejandra, Mencía ....... e tantas outras vítimas da violencia machista. Indignámonos, estremecémonos e berramos .... por que?

4º O maltrato, ademais de atentar contra a dignidade e a integridade das persoas, é un delito que a sociedade debe coñecer. E o maltratador debería cumprir, cando menos, cadea perpetua, como perpetuo foi o inferno que lle fixo pasar á súa vítima.

5º Choramos polas asasinadas este ano e todos os anteriores, neste infinito pranto, e tamén polas outras vítimas que viven cada día unha morte silenzosa nos seus fogares, en moitos casos créndose culpables ou xustificando o seu agresor, atrapadas nun amor posesivo e dependente.

6º Non debemos de mirar para outro lado, non ficar impasibles ante este horror. Non é un asunto privado; calquera muller pode ser vítima de malos tratos (físicos, sociais, sexuais, verbais, ...), xa que a violencia non discrimina por idade, profesión, ideoloxía ou nivel cultural. A muller non é escrava de nada nin de ninguén.

7º Queremos espertar as conciencias diante desta grande inxustiza e sufrimento, polo que berramos con todas as nosas forzas

 

VIOLENCIA MACHISTA, ABONDA XA ESTE ETERNO LOITO!

 

 

Carral, 25 de novembro de 2015

 

Elaborado e asinado polo alumnado de 4º ESO PDC do IES de Carral:

 

Marta Candal Corral

 José Manuel Castro Díaz

 Valeria Celemín Hernández

 Andrea Cortés Insua

 Fátima Insua Solmo

 Javier Piñeiro González

 Alejandro Roel Barreto

 Alejandro Sánchez Rodríguez

 

 

 

 

 

Mércores, 25 de novembro

 

I Concurso de Lemas contra a Violencia de Xénero

Bases: 

1. Poderá presentarse todo o alumnado do centro por clases. Non se permitirá a participación individual, xa que se trata dun traballo de equipo.

2. O obxecto do concurso é a elaboración de lemas para a campaña de sensiblización contra a violencia de xénero, en galego, orixinais e inéditos.

3. Cada grupo  presentará o seu lema en cartolina cun tamaño mínimo de A2. 

4. Os lemas portaranse publicamente durante a andaina que terá lugar o 25 de novembro dende o centro educativo ata a praza do concello.

5. O prazo de presentación rematará o 25 de novembro.

6. O xurado, formado por membros da concellería de Educación, Traballo e Benestar social do Concello de Carral e docentes do IES de Carral, fallará o concurso o 25 de novembro.

7. Premio: o grupo gañador recibirá un agasallo concedido por cortesía do concello de Carral. 

8. A presentación de lemas a este concurso supón a aceptación das bases do mesmo e o fallo do xurado será inapelable.

A CLASE GAÑADORA DO CONCURSO DE LEMAS FOI: 1º B

NORABOA!

 

 

Andaina "Contra a violencia de xénero" 

O 25 de novembro, en colaboración coa concellería de Educación, Traballo e Benestar social do concello de Carral, o alumnado e o equipo docente do IES de Carral, realizaremos unha andaina ás 12:30 horas. Para manifestar o noso profundo rexeitamento en contra da violencia de xénero, levaremos prendas de cor violeta durante o percorrido. Cada grupo de alumnos exhibirá a súa pancarta ata a praza do concello, onde terá lugar a lectura dun manifesto en contra da violencia de xénero e do relato gañador do I Concurso de relato curto "Non máis violencia de xénero".

Ademáis, tentaremos aprender esta canción,"Que nadie calle tu verdad", interpretada por Malú e Manu Carrasco, para cantala durante o percorrido.

 

 

 

 

 

I Concurso de relato curto "NON MÁIS VIOLENCIA DE XÉNERO"

Con motivo do día Internacional da loita contra a violencia de xénero, 25 de novembro, a Biblioteca "Pasando Páxina" do I.E.S. de Carral e a Concellería de Traballo e Benestar Social do Concello de Carral, convocan o I Concurso de Relato contra a Violencia de Xénero. As bases para participar no concurso son as seguintes:

 

Bases

 

1. Poderán concorrer ao certame todos os alumnos da E.S.O que o dexesen e que presenten os seus orixinais escritos en galego.

2. Cada participante poderá presentar un relato.

3. Todos os relatos presentados deberán ser orixinais, inéditos e non ter sido gañadores noutro concurso.

4. Os relatos terán unha extensión mínima dunha folla e un máximo de tres, letra Arial 12, espaciado dobre.

5. Os traballos presentaranse sen firma con pseudónimo e título do relato nun sobre pechado. Dentro deste sobre irá escrito con claridade o nome, o apelido , e o curso.

6. Os participantes deberán entregar os traballos o Martes 24 ás 10.10 horas na Biblioteca.

7. O alumno gañador recibirá un agasallo concedido por cortesía do concello de Carral e outro pola Biblioteca do centro.

8. O xurado estará integrado por profesores dos Departamentos de Linguas, e Membros da Concellería de Traballo e Benestar Social.

9. Os premios entregaranse o 25 de novembro.

 

RESULTOU GAÑADORA DO CONCURSO DE RELATO CURTO: PAULA REY ARES (4º A)

NORABOA!

 

 

 

AnexoTamaño
MANIFESTO MALTRATO.pdf84.27 KB


book | by Dr. Radut