Skip to Content

Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos e na súa contorna

Durante este curso, o alumnado recibirá charlas da Garda Civil sobre diversos temas para mellorar a seguridade e a convivencia.

 

f0be5d5c-a0ae-46b9-b1aa-bcf8a614ec04 1

A oferta do PlanDirector materialízase nas seguintes accións:

1. Reunións da comunidade educativa con expertos policiais para falar dos problemas de seguridade que máis preocupan e buscar solucións.

2. Charlas aos alumnos sobre problemas de seguridade que lles afectan como colectivo. O cinco charlas seleccionadas para proporcionar aos menores e novas información xeral sobre aqueles problemas de seguridade que poden afectarlles, son as seguintes:

Acoso escolar.

Drogas e alcol.

Bandas  violentas, racismo e intolerancia.

Violencia sobre a muller e discriminación (incluída por Instrución 9/2009).

Riscos asociados ás novas tecnoloxías e ao uso de redes sociais. 

 

f0be5d5c-a0ae-46b9-b1aa-bcf8a614ec04 2

3. Acceso  permanente a un experto policial ao que consultar calquera problema relacionado coa seguridade ou a convivencia no centro escolar.

4. Incremento da presenza policial nos centros educativos e as súas contornas.

5. Actividades complementarias dirixidas a incrementar a concienciación dos menores e os mozos co labor e actividade policial.

 

Máis información na seguinte ligazón: aquí

 



book | by Dr. Radut