Skip to Content

Intercambio co IES de Cacheiras

Un ano máis realizamos un intercambio co IES de Cacheiras (Teo) para rememorar os feitos acaecidos en 1846. O venres 21 de abril fomos a Cacheiras e partimos da reitoral de Bamonde e o mércores 26 veu ao noso concello o alumnado de Teo. Aquí fixemos o percorrido pola coñecida como Ruta dos Mártires.

 

LISTAS PROVISIONAIS DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2023/2024 PROCEDENTE DE CENTROS NON ADSCRITOS.

Publicouse no taboleiro do centro a listaxe provisional de alumnado admitido para o vindeiro curso, na que poden comprobar que todas as solicitudes foron admitidas.

Convocatoria dos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico 2022/2023

O pasado venres, 14 de abril, publicouse no DOG a Orde do 31 de marzo de 2023 pola que se convocan os premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2022-2023.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 31 de maio de 2023 e rematará o día 30 de xuño de 2023.

Poderá optar a estes premios o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:

a) Ter cursado durante o ano académico 2022/23 cuarto curso de educación secundaria obrigatoria no réxime ordinario en calquera dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, seguindo o currículo oficial vixente nela.

b) Estar proposto polo equipo docente para a expedición do título de graduado en educación secundaria.

c) Ter obtido no conxunto dos catro cursos de educación secundaria obrigatoria unha nota media igual ou superior a 9,00 puntos. A nota media calcularase de acordo co establecido na disposición adicional quinta do Decreto 86/2015, do 25 de xuño (DOG núm. 120, do 29 de xuño), polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

Todos os requisitos relacionados neste artigo deberán posuírse no día en que remate o prazo de presentación de solicitudes.

Pode acceder a máis información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311D.

Semana do Libro '23

Semana do Libro no IES de Carral
17 ao 21 de abril 
 
 
 
#lermola

 

TÍTULOS DA ESO DO CURSO 2020/2021

O alumnado que rematou a ESO no curso 2020/2021 pode recoller o seu título na Administración do centro.

Intercambio de Lingua Francesa.

Esta semana algúns dos alumnos e alumnas de terceiro e cuarto da eso pasaron uns días de intercambio cos alumnos dunha escola de Barbezieux ao norte de Burdeos. Aquí tedes un pequeno resumo que eles mesmos prepararon destes días inesquecibles.

DÍA DO CÓMIC

 DÍA DO CÓMIC 2023

17 DE MARZO

Distribuir contido


by Dr. Radut