Skip to Content

Festival de Nadal no IES de Carral

O xoves 22 celebramos o Nadal con diversas actividades: concurso de doces, concurso de decoración do Nadal, festival de bailes e panxoliñas. Aquí tedes un vídeo resumo.

VACACIÓNS DE NADAL 2022.

Este centro permanecerá pechado dende o 23 de decembro de 2022 ata o 8 de xaneiro de 2023, ámbolos dous días incluídos. Aquelas persoas que necesiten poñerse en contacto con nós poden chamar ao teléfono 881960480 en horario de 11:00 a 13:00 horas.

Exposición de Begoña Sicre Romero

CARREIRA DE CAMPO A TRAVÉS (Culleredo 16/12/2022)

O venres 16 de decembro o alumnado de 1º, 2º e 3º participou na carreira de campo a través que tivo lugar no parque deportivo de Acea da Má organizada pola Secretaría Xeral para o Deporte (deporte escolar galego).

Ao bo tempo e ao exquisito comportamento da rapazada temos que engadir dúas medallas e un trofeo (primeiro equipo infantil) que nos permite avanzar cara á seguinte fase.

Lembrade o lema do proxecto: “O último en chegar é simplemente o gañador/a máis lento/a”.

GAÑADORES DO CONCURSO i-Comercio!

O alumnado de IAEE de 4ºB da ESO resultou un dos gañadores do concurso organizado pola Dirección xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia: i-Comercio.
Coa súa proposta para dinamizar o comercio local da localidade, Pandireta, fíxose con un dos premios da categoría: Alimentación e produtos de primeira necesidade, con una idea que xira en torno a un dos bens máis prezados de Carral: o pan. O seu premio é unha pantalla táctil de última xeración!
O día 16 de xaneiro acudirán ao evento de entrega de premios que se celebrará no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela.
Moitos parabéns rapazada!
 
 

NADAL'22 IES DE CARRAL

  NADAL 2022 NO IES DE CARRAL

XOVES 22 DE DECEMBRO
 
 
 
     

HISTORIAIS ACADÉMICOS CURSO 2021/2022.

O alumnado que rematou a ESO o curso pasado (2021/2022) pode recoller o seu expediente académico na Administración deste centro en horario de 09:00 a 13:00 horas.

Publicación dos boletíns da 1ª avaliación en Abalar.

Estimada familia:

Mañán, 2 de decembro, a partir das 15:00 horas poderán consultar, a través de Abalar, os boletíns de cualificacións da 1ª avaliación.

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2022: RESULTADO DAS VOTACIÓNS.

Durante a xornada electoral de onte, 29 de novembro, resultaron elixidas todos as persoas que presentaron a súa candidatura a estas eleccións. De esta maneira, os novos membros do Consello Escolar son:

Sector profesorado:

- Beatriz Busto Candal.

- Juan Ángel Lence Feal.

- María José Miranda Pando.

Sector pais/nais/titores legais:

- Ramon Rafael Pérez LIñares.

Sector de persoal non docente:

- Irene Barbeito Gómez.

Sector do alumnado: publícase no taboleiro de anuncios do centro.

 

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2022: VOTACIÓN PARA ELIXIR REPRESENTANTE DE PAIS/NAIS/TITORES LEGAIS.

O martes 29 de novembro celébrase a xornada electoral para elixir aos representantes dos distintos sectores no Consello Escolar deste centro. Os pais/nais/titores legais do alumnado poderán exercer o seu dereito a voto DE 15:00 A 17:00 HORAS.

No arquivo que se xunta poden consultar a información relativa á elección do representante de pais/nais/titores legais do alumnado.

Distribuir contido


by Dr. Radut