Skip to Content

Entroido de cine no Ies de Carral.

Aínda que un pouco tarde vai o resumo do Entroido no Ies. Por se queredes botar unhas risas!

ADMISIÓN DE ALUMNADO DE CENTROS NON ADSCRITOS PARA O CURSO 2023/2024.

O alumnado matriculado en centros non adscritos pode pedir praza no IES de Carral, para o vindeiro curso, entre o 1 e o 20 de marzo.

As familias poderán cumprimentar as solicitudes de admisión de xeito manual ou a través da aplicación Admisiónalumnado no menú: Solicitudes-Admisión-Crear.

Esta solicitude deberase presentar no centro educativo solicitado en primeiro lugar ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave 365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación.

Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando o impreso que se adxunta.

Lembren cubrir e asinar o Anexo II-bis (comprobación de datos dos membros da unidade familiar e consentimento da outra persoa proxenitora).

Coa solicitude deben entregar unha copia do libro de familia. En caso de separación ou divorcio, tamén deberán aportar unha copia da sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor

Se unha familia presenta unha solicitude de admisión tendo xa rexistrada outra para o mesmo alumno/a noutro centro, só poderá presentala previa renuncia expresa por escrito no apartado correspondente do impreso de solicitude.

No arquivo que se achega poden consultar, entre outra información, as prazas vacantes e os prazos relacionados coa admisión e a matrícula para o vindeiro curso.

ALUMNADO DO CEIP VICENTE OTERO VALCÁRCEL CON PRAZA EN 1º ESO PARA O VINDEIRO CURSO.

Todo o alumnado do CEIP Vicente Otero Valcárcel que solicitou praza en 1º de ESO para o vindeiro curso foi admitido. Poden consultar a listaxe no taboleiro de anuncios deste centro.

Parabéns ao equipo infantil masculino de Campo a través do IES de Carral

 

O 14 de xaneiro de 2023 o alumnado clasificado na primeira fase de Campo a través acudiu de novo ao parque deportivo de Acea de Ama (Culleredo) para participar na fase intercomarcal. O equipo infantil masculino clasificouse para o campionato provincial que terá lugar o 17 de marzo na zona de Ferrol. Mirade a ilusión que mostran xunto ás copas que trouxeron ao centro.

 

Parabéns polo premio I-Comercio ao noso alumnado de 4º da ESO

O alumnado de 4º da ESO da materia Iniciación á Actividade Emprendedora e Empresarial, coordinado pola profesora Leticia Castro, recolleu onte o premio que nos acredita como un dos centros gañadores deste evento. Podedes ver no seguinte vídeo a entrega do premio e na ligazón a noticia recollida pola prensa. Os nosos parabéns a todos e todas.

A noticia recollida no xornal La Opinión de A Coruña https://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2023/01/17/alumnado-carral-sa...

Reserva de praza no IES David Buján

   RESERVA DE PRAZA PARA CURSAR BACHARELATO

NO IES DAVID BUJÁN O CURSO 2023/2024

 O  16 de xaneiro ábrese o prazo para reservar praza no bacharelato para aqueles alumnos/as que desexen cursalo no IES David Buján de Cambre

 PRAZO DE PRESENTACIÓN: do 16 de xaneiro  ao 6 de febreiro

 DOCUMENTACIÓN: modelo ED550A

 PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE: na secretaría do IES de Carral ou na Sede Electrónica da Xunta de Galicia co seguinte procedemento:

   1. Entrar na dirección https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

   2. Cubrir o formulario de admisión a través do menú Solicitudes - Reserva  - Crear.  Feito iso pódese optar por:

                 a) Imprimir o formulario e presentalo na secretaría do IES de Carral, ou

               b) Con certificado dixital ou Chave 365 presentalo na Sede Electrónica a través da aplicación

   Tamén pode cubrirse o modelo ED550A manualmente e presentalo na administración do instituto (podes descargar aquí o modelo).

 

 PUBLICACIÓN DE LISTAXES: 22 de febreiro no taboleiro do IES de Carral

 De ser admitido/a  na reserva de prazas farase a matrícula nas datas que corresponda.

Cando o número de solicitudes supere ao de prazas, non haberá reserva e terase que presentar solicitude de admisión no periodo xeral do 1 ao 20 de marzo

      

Recomendacións lectoras para o Nadal

O Equipo de Biblioteca preparounos unhas cantas recomendacións para este Nadal. Aproveitádeas!

 

 

Festival de Nadal no IES de Carral

O xoves 22 celebramos o Nadal con diversas actividades: concurso de doces, concurso de decoración do Nadal, festival de bailes e panxoliñas. Aquí tedes un vídeo resumo.

VACACIÓNS DE NADAL 2022.

Este centro permanecerá pechado dende o 23 de decembro de 2022 ata o 8 de xaneiro de 2023, ámbolos dous días incluídos. Aquelas persoas que necesiten poñerse en contacto con nós poden chamar ao teléfono 881960480 en horario de 11:00 a 13:00 horas.

Distribuir contido


by Dr. Radut