Skip to Content

Calendario final de curso 2022/2023

Devolución de libros de texto do fondo solidario 2022/2023.

 Estimadas familias:

Nos vindeiros días repartiremos, entre o alumnado beneficiario do fondo solidario de libros de texto 2022/2023, a listaxe de libros que deberán devolver nas seguintes datas:

- Alumnado de 1º e 2º da ESO entregará o venres 16 de xuño os libros das materias que xa teña aprobadas.

- Alumnado de 3º e 4º da ESO entregará o luns 19 de xuño os libros das materias que xa teña aprobadas.

- O resto de libros: entregaranos como moi tarde o 21 de xuño.

O alumnado que tivera algunha materia pendente deberá entregar os libros que se lle deixaran.

Os libros serán entregados aos/ás titores/as, que informarán ao seu alumnado sobre o procedemento a seguir.

CRITERIOS DE PROMOCIÓN E TITULACIÓN. CURSO 2023/24

Seguindo as disposicións legais:

 

DECRETO 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación  e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.

 

ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade

 

 

 

Igualmente, como indica a citada Orde, publicamos os Criterios de Desempate para a mención de Matrícula de Honra en 4º da ESO.

E-LBE.2 + Enquisa Biblioteca Pasando Páxina

Dende a Biblioteca Pasando Páxina do IES de Carral presentamos a plataforma de préstamo dixital E-LBE.2.

Se accedes á seguinte ligazón poderás ver unha pequena cápsula explicativa do seu uso e do que podes atopar nela:

https://drive.google.com/file/d/1MQz5eyurl7lfchcy0OHMsvisOo33Bo7C/view?usp=share_link

Ademais, como xa está rematando o curso e a vosa opinión é moi importante para nós, lanzamos a seguinte enquisa para avaliar a labor da nosa biblioteca e recoller todas as vosas suxestións:

https://forms.gle/tJ66KcHRg2fkHsx98

 

#lermola

 

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2023/2024

Estimadas familias.

Hoxe comeza o prazo para solicitar a participación no fondo solidario de libros de texto e nas axudas para a adquisición de material escolar para o curso 2023/2024. O prazo de presentación de solicitudes remata o 21 de xuño de 2023, este día incluído.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado dispoñible na aplicación informática Fondo libros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Para a presentación de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes no centro docente ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Para a súa presentación no IES de Carral deben ter en conta os seguintes aspectos:

- É necesario solicitar cita previa no 881960480 ou no correo electrónico ies.carral@edu.xunta.gal

- Deben entregar debidamente cuberto e asinado o impreso de solicitude. Pódeno imprimir dende a aplicación Fondolibros ou dende a sede electrónica da Xunta de Galicia (impreso ED330B-anexos I e II).

- Lembren entregar a documentación complementaria (non se farán copias no centro).

Nos arquivos que achegamos poden consultar a documentación que deben presentar coa solicitude e toda a información relativa ao procedemento.

 

 

 

O IES DE CARRAL PARTICIPOU NA OLIMPIADA MATEMÁTICA GALEGA

O pasado xoves 27 de abril, o IES de Carral participou na Olimpiada Matemática Galega, sendo representado por seis alumnos/as de 2º da ESO (Álvaro, Claudia, Aldara, Catuxa, Alemny e Lucas). Podemos velos na imaxe, amosando os diplomas que recibiron por participar na Fase de Zona. Os alumnos/as que se clasifiquen participarán na Fase Final Galega, a celebrar en Lugo o 25 de maio. Posteriormente, os tres mellores clasificados participarán na Fase Nacional a celebrar en Tenerife a finais do mes de xuño.

 

O ALUMNADO DE 3º ESO A OBTIVO O TERCEIRO POSTO NA FASE FINAL GALEGA CELEBRADA O LUNS, DÍA 24 DE ABRIL, EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

O alumnado de 3º ESO A do IES de Carral resultou terceiro da Fase Final Galega do XXXI RALLY MATEMÁTICO na súa categoría que se celebrou o luns, día 24 de abril, na Facultade de Química de Santiago de Compostela.

Parabéns ao equipo formado por Andrea, Saínza, Adriana, Iván, Oliva, María, Xoel e Jeanette

 

Esta edición foi a que maior participación tivo en Galicia dende que existe o certame.

 

 

Obradoiro de poesía de Dores Tembrás

A poeta Dores Tembrás acudiu ao noso centro impartir un obradoiro de poesía para alumnado de 1º e 2º da ESO. Esta iniciativa ofrecida polo Concello de Carral pretende incentivar a participación do noso alumnado no Concurso de Poesía Xuvenil do Concello.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut