Skip to Content

COÑECEMOS O CENTRO

FONDO SOLIDARIO 2023/2024: LISTAXES DEFINITIVAS.

Poden consultar as listaxes definitivas do Fondo Solidario 2023/2024  no taboleiro de anuncios do centro en horario de 09:00 a 13:00 horas. Nelas poderán comprobar que libros se lle prestarán ao alumnado.

LISTAXES PROVISIONAIS DO FONDO SOLIDARIO 2023/2024.

Poden consultar as listaxes provisionais relativas ao préstamo de libros e aos vales para a adquisición de material escolar para o vindeiro curso no taboleiro de anuncios do centro en horario de 09:00 a 13:00 horas.

HORARIO DE VERÁN

Dende o 3 de xullo ata o 24 de xullo e do 28 de agosto ata o 31 de agosto o centro abrirá de 9:00 a 13:00 horas.

LIBROS DE TEXTO CURSO 2023-24

Nas seguintes ligazón poden consultar os libros de texto do curso 2023-24

Recomendacións lectoras para o verán

Dende a Biblioteca Pasando Páxina do IES de Carral creamos esta listaxe de títulos que vemos ben interesantes para ler na praia, na piscina, no campo, na montaña, ou onde queirades! 

 

Recordade que, entrando coas vosas credenciais en E-LBE.2, podedes coller en préstamo calquera destes títulos. Só tedes que entrar na ligazón: 

 

https://bega-elbe2.edu.xunta.es/list/recomendacions-lectoras-para-o-veran-615839

 

 

Boas vacacións!

 

#lermola

CONVOCATORIA FINAL – EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA (ESO)

ENTREGA DE BOLETÍNS  NA ESO: LUNS, 26 DE XUÑO, ÁS 11:00, NAS AULAS DE REFERENCIA

PROCEDEMENTO DE REVISIÓN E RECLAMACIÓN DAS CUALIFICACIÓNS FINAIS OU DA DECISIÓN DE PROMOCIÓN E TITULACIÓN NA ESO: MARTES 27 E MÉRCORES 28 DE XUÑO, DE 9:00 A 14:00 HORAS, NO CENTRO.

 

Revisión e reclamación das cualificacións finais ou da decisión de promoción/titulación:

O martes 27 e o mércores 28 de xuño, de 10:00 a 13:00 horas, o alumnado, de ser maior de idade, ou as súas persoas proxenitoras ou persoa que desempeñe a representación legal, de ser menor de idade, poderán revisar co profesorado as diversas probas e solicitar as aclaracións que consideren precisas (previa cita telefónica).

No suposto de que, tras as oportunas aclaracións, persista o desacordo con algunha cualificación final ou coa decisión de promoción/titulación adoptada para un/ha alumno/a, a correspondente reclamación presentaranse por escrito no centro (Modelo de reclamación ante o centro) nese mesmo prazo (martes 27 e mércores 28 de xuño, de 9:00 a 14:00 horas).

Cando a solicitude teña por obxecto a revisión dunha cualificación, esta será tramitada por xefatura de estudos quen a trasladará ao correspondente departamento didáctico. Este emitirá un informe que recollerá, entre outros aspectos, a decisión adoptada de modificación ou ratificación da cualificación final obxecto de revisión. En todo caso, a reclamación formal abranguerá unicamente as cualificacións finais.

Cando a solicitude teña por obxecto a revisión da decisión de promoción ou titulación adoptada para un/ha alumno/a, xefatura de estudos daralle traslado á persoa titora do/a alumno/a, como responsable da coordinación da sesión final de avaliación en que a decisión foi adoptada, e convocarase ao equipo docente a unha reunión extraordinaria.

Notificación escrita por parte de Xefatura de estudos aos/ás interesados/as da decisión razoada de ratificación ou modificación da cualificación revisada por parte do departamento ou da decisión de promoción/titulación:

Esta levarase a cabo o xoves, 29 de xuño, ás 11:00 horas, na Xefatura de estudos do centro.

Reclamación ante Xefatura Territorial: No caso de que tras o procedemento de revisión no centro, persista o desacordo coa cualificación final, o alumnado, de ser maior de idade, ou as súas persoas proxenitoras ou persoa que desempeñe a súa representación legal, de ser menor de idade, poderán presentar por escrito á dirección do centro durante o venres, 30 de xuño, e o luns, 3 de xullo, de 9:00 a 14:00, reclamación ante Xefatura Territorial (Modelo de Reclamación ante a Xefatura Territorial).

A dirección do centro remitirá o expediente á Xefatura territorial que adoptará a decisión pertinente, que será motivada en todo caso, e que se comunicará á dirección do centro para a súa aplicación e traslado á persoa interesada.

Contra a resolución da Xefatura Territorial, que esgota a vía administrativa, o interesado ou a interesada, as súas persoas proxenitoras ou os seus representantes legais, poderán interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Referencias legais do procedemento de reclamación das cualificacións e das decisións de promoción e titulación:.

 

Orde do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda, en educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato.

 

Instrución 2/2003 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se precisan aspectos da Orde do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda, en educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato, para o curso 2022-2023.

 

 

 

 

 

 

MATRÍCULA PARA O CURSO 2023/2024

Poden descargar as instrucións e os impresos de matrícula do curso que corresponda nos arquivos adxuntos. Nas instrucións figura o calendario de matrícula de cada curso.

Distribuir contido


by Dr. Radut