Skip to Content

CANDIDATURAS PARA AS ELECCIÓNS DA PRIMEIRA RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR

No arquivo que se xunta poden consultar as candidaturas presentadas para as eleccións que se celebrarán o 28 de novembro relativas á primeira renovación parcial do Consello Escolar deste centro. Todo o alumnado do centro e os correspondentes pais/nais/titores legais poderán votar ese día no seguinte horario:

- Alumnado de 1º e 2º: durante o primeiro recreo.

- Alumnado de 3º e 4º: durante o segundo recreo.

- Pais/nais/titores legais: de 16:00 a 20:00 horas.

 

 

TÍTULOS DE ESO DO CURSO 2013/2014

O alumnado que rematou a ESO no curso 2013/2014 pode recoller o título correspondente na administración do centro.

CONCESIÓN CAFETERÍA CURSO 2016/2017

Seguindo a INSTRUCIÓN 4/2016, PARA A CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE XESTIÓN E EXPLOTACIÓN DA CAFETERÍA EN CENTROS DOCENTES NON UNIVERSITARIOS DEPENDENTES DA CONSELLERÍA, sácase a concurso o servizo de cafetería no IES de Carral coas seguintes INSTRUCIÓNS:

  1. As persoas interesadas en xestionar o servizo de cafetería no IES de Carral recollerán, na conserxería do centro, o documento titulado "CONDICIÓNS PARA A CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE XESTIÓN E EXPLOTACIÓN DA CAFETERÍA EN CENTROS PÚBLICOS NON UNIVERSITARIOS DEPENDENTES DA CONSELLERÍA. CURSO 2015-2016". Este documento recolle as condicións e requisitos nos que se deberá desenvolver o servizo de cafetería do centro.
  2. Os candidatos a xestionar este servizo farán proposta por escrito axustada ao establecido no artigo 6 do documento mencionado. Esta proposta entregarase, no prazo establecido, na Secretaría do centro.

DATAS:

INICIO DA PUBLICACIÓN DO CONCURSO NO CENTRO: venres 3 de xuño

PRESENTACIÓN DE PRICAS: dende o luns 6 de xuño ata o venres 17 de xuño

PUBLICACIÓN DA ADXUDICACIÓN: venres 1 de xullo

POSTA EN MARCHA DO SERVIZO: o día 1 de setembro

 

AVISO:

A concesión da cafetaría do centro adxudícaselle ao único candidato que se presentou ao concurso.

Carral, 1 de xullo de 2016

LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2016/2017

No ficheiro adxunto poden consultar a listaxe provisional de alumnado admitido para o vindeiro curso 2016/2017.

GAÑADORA E PARTICIPANTES DO CONCURSO DE RELATO CURTO "NON MÁIS VIOLENCIA DE XÉNERO"

O día 25 de novembro celebramos no I.E.S de Carral o dìa contra a violencia de xénero. Como? Pois dende a biblioteca lanzamos un concurso de relato curto " Non máis violencia de xénero" en colaboración con Concellería de Educación, Traballo e Benestar social do concello de Carral. Foron moitos os participantes! Un total de 11!

Podedes ver a continuación os títulos dos relatos xunto coas súas autoras e autores:

EXPOSICIÓN ITINERANTE "Con A de Astrónomas"

Desde a biblioteca e o Departamento de matemáticas, vaise organizar unha exposición itinerante denominada "Con A de Astrónomas", para conmemorar o mes da ciencia e divulgar o descoñecido papel das mulleres e as súas constribucións a este mundo.

Distribuir contido


by Dr. Radut